Benvidos e benvidas ao blogue de Agabel.




Libroburro





Premios do Ministerio 2010

O Ministerio d Educación acaba de resolver a convocatoria do Concurso Nacional de Boas Prácticas para a Dinamización e Innovación das Bibliotecas Escolares 2010. Como non podía ser doutro xeito, Galicia ficou moi ben representada:

INFANTIL / PRIMARIA
1º PREMIO
• CRA Mestra Clara Torres.Tui (Pontevedra)

2º PREMIO
• CPI Tino Grandio. Guntín (Lugo)
• CEIP de Cervo. Cervo (Lugo)

3º PREMIO
• CEIP Os Muíños. Muxía (A Coruña)
• CEIP Quintela. Moaña (Pontevedra)

PREMIOS SECUNDARIA
2º PREMIO
• IES de Fene. Fene ( A Coruña)
IES Monterroso.Monterroso (Lugo)

3º PREMIO
• IES Manuel Antonio. Vigo (Pontevedra)


Parabéns a todos os centros, ás súas comunidades educativas e, especialmente ás persoas que fixeron posible este importante recoñecemento e para os socios e socias de AGABEL.

Tempo agasallado

Entrevista publicada no xornal Galicia Hoxe o pasado 30 de outubro de 2010.


O tempo agasallado
A xa histórica reivindicación da creación da figura da persoa responsable das bibliotecas escolares segue sen ser atendida pola Xunta
"Avanzamos moito, pero nos temas clave estamos igual que cando empezamos hai dez anos, e iso produce xa certo esgotamento. A nosa principal reivindicación é que sexa regulado un tempo de dedicación ás bibliotecas, que estamos asumindo os profesores, na maioría dos casos, de xeito voluntario e sen redución da nosa carga de traballo". Así resume o presidente da da Asociación Galega polas Bibliotecas Escolares e a Lectura (Agabel), Antonio Martínez, a situación no sector, que este fin de semana celebra en Santiago un encontro, Variacións sobre a lectura, que reúne a máis 1.000 persoas.

"É importante lembrar que foi AGABEL a que demandou a creación dunha asesoría de bibliotecas escolares e a que reclamou a posta en funcionamento dun plan de mellora das mesmas", sinala este colectivo no seu documento de reivindicacións. Entre os avances, sinalan os recollidos en diferentes normativas, como a LOE, que alude, por primeira vez, expresamente ás bibliotecas escolares, ou os plans e ectividades sobre a lectura realizadas polas consellerías de Educación e Cultura, que son "moitos", salienta Martínez. "Temos que pensar que non sempre o Ministerio marca uns vieiros aceptables e Galicia ten competencias de seu para establecer un marco normativo máis axeitado", engade o documento, que demanda a regulación do modelo de Biblioteca Escolar para todos os centros de ensino, a creación da figura da persoa responsable da biblioteca escolar cunha redución suficiente da súa carga lectiva e a formación precisa, a creación do Departamento da Biblioteca Escolar para garantir a asignación de recursos económicos en todos os centros; a inclusión de mobiliario "axeitado" no catálogo de equipamento da Consellería, a mudanza dos parámetros sobre superficies mínimas.

"Nalgúns aspectos as bibliotecas escolares galegas están entre as mellores de España: por exemplo, no uso de internet: as bibliotecas teñen blogs, están nas redes sociais... O Plan de Mellora das Bibliotecas, que é galego pero tamén recibe apoio do Ministerio, é un referente a escala estatal, e cada vez inclúe máis centros. O Plan LÍA 2010-2015 polo momento está baleiro de contidos. Inclúe as actividades que xa viña facendo a consellaría, que son moitas. Pero o máis importante é que nos dean tempo para traballar nas bibliotecas", di.

En canto aos recortes para dotación das bibliotecas, comenta que "os centros teñen autonomía financieira, polo que do diñeiro que reciben deciden canto vai para a biblioteca. Agás os centros que están no Plan de Mellora, que son un terzo do total", subliñou.
O subdirector xeral de Centros, Francisco Castro, inaugurou onte o encontro de bibliotecas escolares, organizado pola Consellería de Educación. Na xornada de hoxe intervirán os editores Manuel Bragado e Javier Celaya.


Lido no blog de Miguel Calvillo:


O venres comeza o Mes Internacional da Biblioteca Escolar. Desde 2007, IASL (International Association of School Librarianship) estableceu o mes de outubro, substituíndo o día fixo, elección que deixou a cada cal. Non vexo este ano cartel anunciador, pero si temos lema: O desafío de atender á diversidade: Bibliotecas escolares para todos.
Non se se son tempos bos ou malos para a Biblioteca Escolar, talvez confórmome simplemente porque seguen na brecha (espero que non na brecha dixital aínda que mo temo). E así xorden cambios ou avances nas decisións de política educativa. Vexo, por exemplo, que Estremadura se estrea este ano con axudas variadas en tres liñas diferentes, incentivando os proxectos de lectura e os plans de uso da biblioteca escolar axudados por unha dotación económica que en ocasións promete ser cuantiosa. En Andalucía, non se renovou o Plan de Lectura y Biblioteca, que podemos dar por terminado, a pesar de ser o Plan máis recente, co que ten a marca de menor duración. No seu lugar xeneralizouse a figura do Responsable de Biblioteca Escolar, con recoñecemento horario reducido a través dunhas Instrucións para este curso. Os proxectos de lectura desapareceron en Andalucía en beneficio dos proxectos lingüísticos, denominación que se privilexia agora engadindo as funcións do proxecto lector ao curriculum integrado das linguas e a planificación lingüística.

Entrevista con José Luís Mira Lema, Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

O pasado 9 de setembro pola tarde dúas persoas de AGABEL (o presidente e unha socia de Santiago) fomos recibidos polo Director Xeral de Educación. A entrevista fora solicitada meses atrás ante a preocupación que nos produciron os borradores de Regulamentos Orgánicos de Centros de Ensinanzas Especiais que se deran a coñecer e porque algúns dos temas que nos preocupan son da súa competencia e non da Dirección Xeral de Centros da que dependen directamente as bibliotecas Escolares.
A entrevista foi breve e concisa, mantida nun ambiente agradábel e sincero. Tras ler o Director Xeral as nosas sabidas reivindicacións (Orde que regule todo o referido á biblioteca escolar, ROCs, tempo de dedicación á biblioteca, recoñecemento administrativo do responsable da biblioteca, decreto de espazos mínimos, mobiliario, asesores/as dos CFRs de bibliotecas….) e proceder, pola nosa banda, a unha breve explicación das mesmas, o Director Xeral comprometeuse a que nun breve espazo de tempo (primeira semana de ou turbo) teríamos información relativa ás mesmas.
Tan só abordou un tema algo polo miudo que foi a práctica carencia de asesores/as de bibliotecas escolares nos CFRs para o vindeiro curso. Dixonos que axiña será publicado un decreto que modificará todos os perfís das asesorías.

A intención do Director Xeral é a de coñecer polo miúdo a situación actual das bibliotecas escolares galegas para logo poder tomar as decisión que se podan. Para iso pensa en crear un grupo de traballo con xente da Consellería e outros expertos. Insistiu nas dificultades existentes para gastar máis cartos.

Como vedes, non facemos valoracións da entrevista, tan só vos damos a información da mesma.

Agardaremos ata a primeira semana de outubro para ter un novo contacto con José L. Mira Lema.

Un claustro docente animando a ler


Glória Durban Roca. La biblioteca escolar, hoy. Un recurso estratégico para el centro.Barcelona, Graó, 2010.

A autora, persoa con experiencia nas bibliotecas escolares, dinamizadora da importancia deste servizo educativo e de recoñecido prestixio, ven de publicar a súa primeira monografía. Na contraportada podemos ler:


"Este libro describe e argumenta os aspectos máis relevantes que na actualidade configuran a conceptualización da biblioteca escolar como un recurso educativo imprescindible para a promoción da cultura escrita e o desenvolvemento das competencias básicas. Nel abórdase unha visión clara e renovada da biblioteca escolar que pretende xustificar a súa existencia á luz non só dos cambios sociais que a cultura dixital provocou nos usos da información e as prácticas lectoras senón principalmente en relación coas necesidades xeradas no aula polo novo marco competencial".

Ademais o libro ofrece reflexións de calado. Lede o seguinte parágrafo:
"Es cierto que han sido muchos los que han considerado de manera idealista la biblioteca escolar como el motor de la escuela, generadora de cambios educativos; al igual que también otros –tecnólogos e informáticos- han conceptualizado del mismo modo la función de las nuevas tecnologías en su reciente implementación. Éstas son posiciones poco realistas y que llevan necesariamente al desánimo en la práctica, porque no visualizan que el verdadero cambio metodológico y la mejora real de la enseñanza pasa únicamente por la acción del profesorado, por su actitud y su profesionalidad." (pp. 8-9)

Con Glória tivemos a oportunidade de compartir varias xornadas tanto en Galicia como fóra. Témos admiración polo seu traballo e pola súa persoa, sempre disposta a colaborar, compartir e aprender. Se non a coñecedes visitade a páxina que pon á vosa disposición:
Bescolar.

Campaña de fomento da lectura



Visto en Biblioafonso .

Nova Biblioteca Central de Helsinky

A Biblioteca Central de Helsinki vén de distribuír este vídeo onde, coma un conto, explica como foi medrando o país até chegar ao proxecto de construción da Biblioteca Central, un centro de cultura, entretemento, ocio e traballo, pensado para recibir máis de cinco mil visitas cada día. Unha biblioteca que é o tronco dunha árbore e as súas pólas son as actividades do pobo.
Nós aínda andamos na loita de demostrar que a biblioteca escolar é o tronco do centro educativo.

Novamente, unha lección que vén do norte: a importancia da cultura por riba de todo. O que nos cómpre no noso país.



Texto procedente de Trafegando Ronseis.

Salvade as Bibliotecas Escolares!!!

En Estados Unidos berran ¡salvade as bibliotecas escolares! probablemente, porque existen, porque o normal é que os centros teñan bibliotecas e bibliotecarios escolares. Noutros lugares habería que berrar mais ben que as creasen.

Non sei se son bos tempos para as bibliotecas escolares, pero parece que polo menos incertos. O vídeo pretende dramatizar unha situación posible se os recortes orzamentarios chegasen a colapsar os servizos. Un vídeo coidado e curioso, onde vemos as funcións da biblioteca escolar en todas as súas dimensións, desde o estudo asistido ao simple entretemento ou ao uso da biblioteca escolar como lugar de refuxio para o que a usa certo alumnado. Unha panoplia de funcións que dificilmente figuran ás veces nas funcións tópicas e típicas dunha biblioteca escolar e que constitúen parte da súa grandeza.

Tradución do vídeo:
Bibliotecas sanguentas
“As bibliotecas son fundamentais para o logro do estudante. A colección apoia o currículo e proporciona unha rica variedade de recursos de lectura a todos os estudantes e profesores.
“Regras da Biblioteca. Faga algo produtivo. Permita que outras persoas sexan produtivas. Sexa respectuoso coas demais persoas e os seus bens”.
Os distritos escolares en todo Estados Unidos están pechando coleccións. O valor dos activos da colección dun distrito escolar extenso pode superar os 300 millóns de dólares. Unha biblioteca pechada sen un bibliotecario será desposuída dos seus recursos e acabará desaparecendo. A clausura de bibliotecas escolares será unha catástrofe educativa e un desastre financiero”.
Unha dramatización do que sucederá cando os recortes orzamentarios mal concibidos pechen as bibliotecas escolares.


Bleeding Libraries from Laura Graff on Vimeo.


Texto e vídeo procedente do Blog de Miguel Calvillo. Grazas

ROCs: novas esperanzadoras

Nas xuntanzas dos pasado 2 e 3 xuño da Mesa Sectorial discutíronse os borradores dos Regulamentos Orgánicos de Centros Integrados de F.P e das Escolares de Artes e Superiores de Deseño. A CIG tivo a ben levar a dita xuntanza as nosas propostas e cunha esperanzadora receptividade pola Dirección Xeral.

Ista é a información proporcionada pola CIG:



"ALEGACIÓNS DA CIG ENSINO AO PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE ESTABLECE O REGULAMENTO ORGÁNICO DOS CENTROS INTEGRADOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL
Capítulo IV. Órganos de coordinación:
Biblioteca:
Para nós desde logo unha cuestión central que haxa unha persoa responsábel de biblioteca con redución horaria, redución que haberá que establecer en función do número de usuarios da biblioteca (fundamentalmente profesorado e alumnado).
-Dentro dos ROCs debe contemplarse un plan de biblioteca que fixará obxectivos curriculares, un plan de fomento de lectura e un plan de apoio á aprendizaxe, que deberán ser incluídos no (Proxecto Educativo do Centro) Plan e na memoria anual do centro.
-Debe crearse o departamento de Biblioteca (capítulo IV órganos de coordinación) con dotación orzamentaria propia, como calquera outro departamento didáctico, (debería ser un 10% do orzamento total do centro). Deberán contar cun fondo documental adecuado e actualizado así como con instalacións e equipamentos apropiados as súas funcións, que aseguren o libre acceso aos fondos por parte dos/as usuarios/as.

A biblioteca deberá contar con fondos bibliográficos, fonográficos, videográficos e material didáctico en galego aplicábel a diferentes áreas.
-O departamento de biblioteca contará cun equipo constituído por profesorado dos diferentes departamentos.
-Crearase a figura do responsábel de biblioteca, que deberá ter unha redución horaria axeitada, como a que se propón para as xefaturas de departamento, de entre 3 e 6 horas.
-Contemplarase o funcionamento en rede das bibliotecas escolares, a nivel municipal, comarcal e nacional
A Consellaría responde que teñen que van incluír a coordinación da biblioteca coas funcións que lle correspondan. O resto das propostas recolleranas soamente se o consideran necesario".

Información sobre o ROC dos Centros Integrados de FP.
Información sobre o ROC da Escolas de Artes e Superiores de Deseño.

O pasado 2 de xuño, O Presidente de AGABEL e unha socia, fomos recibidos polo Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal Rodríguez. A entrevista fora solicitada en novembro, tal e como se comprometerá hai xusto un ano, e foisenos concedida tras pedirlle outra ao Conselleiro (temos solicitada outra co Director Xeral de Educación, responsable dos ROCs). Na entrevista estiveron presentes as asesoras de Bibliotecas Escolares Cristina Novoa e Pilar Sampedro.

Despois de aclararnos os motivos do retraso na entrevista (moito traballo na Consellería) charlamos durante una hora nun clima de cordialidade.

De xeito resumido abordamos os seguintes temas:
-Comezamos pedíndolle que transmita ao Conselleiro os nosos parabéns por ser o primeiro en levar, nunha Orde do Día, o tema da Bibliotecas Escolares ao Parlamento de Galicia (disto xa vos temos informados/as). Logo lle comentamos que agardábamos algo máis concreto e positivo da súa intervención.

A partir de aquí repasamos os temas abordados na xuntanza do 18 de xuño de 2009 para ver que avances houbo.

-Insistimos na necesidade dunha Orde que regule o modelo da Biblioteca Escolar para todos os centros educativos de Galicia e non só unhas “Orientacións” para os centros do Plan de Mellora.
-Insistimos na modificación dos Regulamentos Orgánicos de Centros para que a persoa responsable da Biblioteca conte coa dedicación horaria suficiente e se cree o Departamento da Biblioteca Escolar. Ademais amosamos a nosa disconformidade cós borradores de ROCs coñecidos ata o momento. Nos indica que desde a súa Dirección Xeral fixeron aportacións para mellorar a situación das Bibliotecas nos borradores coñecidos.
-Pedimos garantía da extensión e a continuidade do PLAMBE. Díxomos que que está convocado para o curso 2010-11 e que como é unha medida cofinanciada co Ministerio agardan novas concretas posto que para o 2011-12 haberá fondos.
-Insistimos que a Consellería adquira mobiliario específico de bibliotecas. Non avanzamos nada nun ano.
-Solicitamos que a Consellería mellore o decreto 132/2010 do Ministerio que regula as superficies mínimas (75 metros cadrados nas Bibliotecas) para os centros de nova creación.
-Insistimos na necesidade do recoñecemento administrativo do traballo desenvolvido nas Bibliotecas Escolares.
-Pedimos a extensión das Asesorías de Bibliotecas Escolares a todos os CFR. Tendo en conta que en 2010 amortizouse a praza da asesoría de Bibliotecas Escolares da Coruña e que neste curso se xubila o asesor de Vigo, manifestamos a nosa preocupación polo retroceso habido. Insistimos na necesidade da formación e dos asesores de Bibliotecas Escolares.
-Reiteramos a necesidade de aumento de persoal da Asesoría de Bibliotecas Escolares da Subdirección Xeral de Centros.

Ningunha das cuestións formuladas pareceulle carente de sentido ao Director Xeral pero insistiu que o contexto económico cambiou radicalmente desde hai un ano polo que non poderá haber redución da carga lectiva para o profesorado que leve a Biblioteca. Algúns dos asuntos formulados (formación, ROC...) son da outra Dirección Xeral. Transmitirallos.

Finalmente preguntamos polo PLAN LIA. Díxonos que no terceiro trimestre deste ano facilitarase información.

Quedamos en volvernos ver dentro dalgún tempo.

Respecto das bibliotecas escolares, a LOE establece que:

Art. 2.2.
Los poderes públicos prestarán una atención prioritaria al conjunto de factores que favorecen la calidad de la enseñanza y, en especial, la cualificación y formación del profesorado, su trabajo en equipo, la dotación de recursos educativos, la investigación, la experimentación y la renovación educativa, el fomento de la lectura y el uso de bibliotecas, la autonomía pedagógica, organizativa y de gestión, la función directiva, la orientación educativa y profesional, la inspección educativa y la evaluación.

Art. 113. Bibliotecas escolares.
1. Los centros de enseñanza dispondrán de una biblioteca escolar.
2. Las Administraciones educativas completarán la dotación de las bibliotecas de los centros públicos de permita alcanzar dicho objetivo dentro del periodo de implantación de la presente Ley.
3. Las bibliotecas escolares contribuirán a fomentar la lectura y a que el alumno acceda a la información y otros recursos para el aprendizaje de las demás áreas y materias y pueda formarse en el uso crítico de los mismos.
4. La organización de las bibliotecas escolares deberá permitir que funcionen como un espacio abierto a la comunidad educativa de los centros respectivos.
5. Los centros podrán llegar a acuerdos con los municipios respectivos, para el uso de bibliotecas municipales con las finalidades previstas en este artículo.

Fronte a isto, no borrador do Regulamento Orgánico dos centros integrados de formación profesional da comunidade autónoma galega as bibliotecas só destacan pola súa ausencia: tan só se menciona nos artigos 28.2.i e 38.i no marco das funcións do departamento de dinamización de idiomas e do/a coordinador/a de TIC’s respectivamente.

Tampouco parece que a ausencia da biblioteca na estrutura organizativa do centro responda a obxectivos relacionados coa optimización dos recursos humanos e co aforro en canto á creación de cargos que conlevan un complemento económico, xa que no organigrama establecido neste borrador hai un departamento por cada familia profesional, 6 departamentos de diversas competencias, un equipo de dinamización da lingua galega e unha comisión de seguridade e saúde laboral. En definitiva, créanse como mínimo 9 departamentos/comisións (pode haber máis en función do número de familias profesionais) independentemente das características en canto a número de alumnado, dispersión de familias profesionais… e ningunha delas está dedicada especificamente á xestión e dinamización da biblioteca. Pola contra, as funcións específicas da biblioteca asígnanse ao departamento de dinamización de idiomas: “Xestionar, dinamizar e manter a biblioteca do centro integrado, promovéndoa como un espazo común, de acordo co coordinador ou a coordinadora de tecnoloxía da información e a comunicación” (art. 28.2.i) ¿Coherencia organizativa?

Créanse tamén varias figuras de coordinación (emprendemento, programas europeos, TIC, innovación e formación do profesorado) pero ningunha ten como área específica de traballo a biblioteca. Ao sumo a coordinación deTIC ten como función “Promover a biblioteca como un espazo común, de uso e intercambio de experiencias das tecnoloxías da información e da comunicación” (art. 38.i).

A biblioteca queda por tanto perdida nunha maraña de departamentos e coordinacións. A súa xestión, dinamización e mantemento está a cargo do departamento de dinamización de idiomas, que á súa vez depende organicamente da xefatura da área de formación, e colabora co/a coordinador/a de TICs, que depende organicamente da xefatura da área de calidade, innovación e orientación profesional, para promoción da biblioteca como espazo de uso e intercambio de experiencias das TIC.

Postas así as cousas cabe preguntar quen vai facer realmente o traballo da biblioteca: seleccionar e adquirir os fondos, catalogalos, organizalos, difundilos, promover os procesos de aprendizaxe relacionados coa busca de información… ¿É este o recoñecemento que se da ás bibliotecas escolares para que sexa un dos factores que favorecen a calidade de ensinanza que menciona a LOE no seu artigo 2.2?

Invitados polo Grupo Parlamentar do BNG, AGABEL asistíu á sesión plenaria do 11 de maio que tiña na Orde do día a comparecencia a iniciativa do Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, don Jesús Vázquez Abad “para informar sobre a situación das bibliotecas escolares en Galicia e a súa contribución á lectura e á aprendizaxe” (Publicación da iniciativa, BOPG núm. 204, do 06.04.2010)
Toda a sesión en vídeo.

Resume das comparecencias.
Xesús Vázquez Abad, Conselleiro de Educación e O.U.
Centra a primeira parte da intervención en analizar a situación actual das Bibliotecas Escolares de Galicia (en adiante B.E.). Fai un recoñecemento público do labor realizado polos docentes responsables das BE e das Comunidade Educativas. Valora a importancia do seu traballo e destaca a necesidade de que as BE teñan visibilidade na lexislación. Fai un compromiso público para que as BE sirvan para o proceso de ensinanza-aprendizaxe, desenvolvendo un modelo teórico das mesmas, aludindo ás competencias básicas, lectura, compensación de desigualdades, como espazo de convivencia…. Cualifica as BE como “un asunto relevante” no eido educativo.
Manifesta que se debe consolidar e “estabilizar” o bo labor xa realizado, aludindo ao pasado (creación da Asesoría de B.E., Plan de Mellora das BE, partidas orzamentarias para renovación das coleccións, formación do profesorado, Hora de Ler, Mochilas Viaxeiras, Clubs de Lectura…).
Destaca que as B.E, son unha potente ferramenta no eido educativo e cultural, na innovación educativa e no uso das TICs. Alude aos magníficos traballos actuais das B.E como o relacionado coas Letras Galegas, os blogs, os traballos interdisciplinares (astronomía, Día da Paz, etc)
“Estamos no bo camiño”
Sinala grandes retos para o futuro nas BE como son a integración das culturas impresas e dixitais, afrontar os cambios educativos e a selección de información.
Coñece as dificultades existentes e destaca a profesionalidade e o bo facer dos actuais responsables das BE de Galicia. Ten por obxectivo consolidar o xa realizado.

Nunha segunda parte da comparecencia presenta o PLAN LIA (Lectura, Información e Aprendizaxe) para os anos 2010-2015, cos seguintes cinco obxectivos:
-Adaptar os recursos informativos dos centros á nova sociedade.
-Promover a integración das TICs e das novas prácticas educativas profundando na formación do profesorado.
-Favorecer a adquisición das competencias básicas polo alumnado.
-Mellorar os índices de lectura e escritura.
-Incentivar o uso das BE polas comunidades educativas.


Carme Adán Villamarín (BNG)
Saúda aos membros de AGABEL presentes no hemiciclo. Sinala que o discurso do Conselleiro é un discurso baleiro. Recoñece que as BE de Galicia melloraron moitísimo grazas ao voluntarismo do profesorado ao que lle agradece a súa dedicación.
Manifesta que no discurso do Conselleiro non houbo propostas concretas e si obxectivos xenéricos, insistindo na voluntariedade dos docentes que traballan nas BE, e realiza as seguintes preguntas:
-Cal vai ser o compromiso coas BE?
-Pensa redactar algunha normativa sobre as BE?
-Pensa mellorar o decreto que regula os espazos mínimos das BE?
-Vai dotar as BE de Infantil e Formación Profesional?
-Vai regular a dedicación horaria nos futuros Regulamentos Orgánicos de Centros?
-Vai crear a figura da persoa responsable das BE con dedicación horaria suficiente?
Pide compromisos concretos.
Pídelle ao Conselleiro que explique a negativa e escasa presenza das BE nos novos ROC dos Conservatorios e na Escolas de Idiomas.
Manifesta o seu rexeitamento ao modificación na convocatoria deste ano de PLAMBE ao suprimirse a obrigatoriedade de que polo menos o 50% dos fondos adquiridos estean en lingua galega

Guillermo Meijón Couselo (PsdeG-PSOE)
Saúda aos membros de AGABEL presentes. Alude a outras cuestións de actualidade no eido educativo.
Cualifica ao PLAMBE de grande éxito e lembra as aportacións económicas do bipartito. Lembra que nos orzamentos de 2010 a Consellería de Educación destina entre un 20 e un 30% menos ás BE e á Lectura que no 2009, un 30% menos en formación do profesorado e un 20% menos de asesorías técnicas, ademais, recorda, que foi suprimida a asesoría de BE do CFR da Coruña. Critica a desaparición da obrigatoriedade de adquirir o 50% dos novos fondos en galego.
Sobre o Plan LIA entende que é unha declaración de obxectivos xenéricos, sen orzamento e sen planificación.
Remata afirmado que as BE necesitan entrar nunha segunda fase, a do remate do voluntarismo.

Román Rodríguez González (PP)
Cualifica o escenario actual de “recursos decrecentes”. Fai unha defensa xenérica das políticas do Conselleiro. Entende como positivo o Plan LIA, como unha aposta “moi importante” polas BE e unha nova mellora da educación. Cre que no bipartito as BE tiveron un balance “floxo” e continuísta co que xa se estaba a facer. Argumenta que no artigo 113 da LOE non se regula nada da figura do responsable da BE.


Quendas de réplicas

Xesús Vázquez Abad, Conselleiro de Educación e O.U.
Saúda e agradece o traballo feito por AGABEL (por certo di que temos “fío directo coa Consellería”) Agradece, de novo, o traballo dos docentes nas BE e especialmente a “Pilar e Cristina” polo excelente traballo desde a Asesoría de BE.
Argumenta que o Plan LIA responde ás necesidades dos docentes, que garante a continuidade do PLAMBE, afianza a rede de BE, a formación do profesorado, reforzará a Hora de Ler, propulsará a mellora dos Plans lectores dos centros. Anuncia que se farán concursos sobre “Lectura en voz alta”.
Desexa que “non esmoreza o voluntarismo”.

Márcase como obxectivo para o 2015 que o 70% dos centros de titularidade pública estean dentro do PLAMBE. Farase un estudo do marco normativo, garante a presenza das BE nos novos ROCs e buscaranse fórmulas para garantir a estabilidade da presenza da persoa responsable da BE. Farase un equipamento básico para os centros de nova creación. –Utilizaranse instrumentos de avaliación do uso das BE. Farase un estudo que avalíe o PLAMBE. Crearase un observatorio de BE para elaborar informes bianuais. Preténdese formar a máis de 3.000 docentes no uso das BE. Incorporarannse recursos da web 2.0 Farase un concurso sobre traballos de investigación do alumnado desde o 3º Ciclo de Primaria. Colaborarase con outros axentes sociais. Intensificarase a relación cos concellos e consellería de Cultura.
Farase un “marco normativo que poña en valor este servizo”.

Carme Adán Villamarín (BNG)
Dificultades dos Clubs de Lectura no rural por falta de transporte.
-Como aparecerán as BE nos ROCs?
-Como aparecerá a dedicación horaria?
Pídelle que escoite as reivindicacións do profesorado a nivel lexislativo e dotacional. Pide un compromiso claro co profesorado das BE.

Guillermo Meijón Couselo (PsdeG-PSOE)
Insiste na supresión da Asesoría de BE no CFR da Coruña. Insiste en que hai menos orzamento. Débese regular a figura da persoa responsable da BE. Parécenlle pouco o 70% dos centros para 2015. Afirma que “non vemos ningunha realidade concreta sobre as BE”

Román Rodríguez González (PP)
Defende o discurso do Conselleiro.

Xesús Vázquez Abad, Conselleiro de Educación e O.U.
“Desenvolveremos normativa sobre as BE”
O Pleno na prensa:

A Rede de Bibliotecas Escolares de Portugal foi creada en 1996 polo Ministerio de Educación. Dende entón é un referente onde temos que mirarnos: cartos investidos, fomación, recursos documentais, implicación dos concellos, estensión ao 70% da poboación escolar...

Convocado o PLAMBE 2010-2011

No Boe do pasado 4 de maio vense de convocar a edición desde ano do "concurso nacional de buenas prácticas para la dinamización e innovación de las bibliotecas de los centros escolares". Un xeito máis de darlle visibilidade ao traballo que se está a desenvolver nas Bibliotecas Escolares Galegas é presentarse a este certame.
Estamos convencidos que, coma en anos anteriores, moitas das nosas bibliotecas serán merecedoras deste premio.

O sábado 24 de abril, no Museo do Pobo Galego, en Santiago, celebrouse o décimo aniversario da constitución de AGABEL cunha mesa redonda que tivo por tema “Cara onde van as Bibliotecas Escolares galegas”.


O acto foi presentado pola tesoureira da asociación, Carme Loriga, quen fixo un percorrido histórico do nosos primeiros dez anos. En primeiro lugar agradecendo o apoio e iniciativas, mesmo para a nosa propia creación, das Bibliotecas Municipais da Coruña, a importancia que tivo Milagros Blanco do CFR da Coruña así como o labor desenvolvido pola presidenta durante os sete primeiros anos do noso colectivo Dores Fernández. Posteriormente fixo un balance das xestións, e logros da asociación diante das distintas administracións educativas.

A continuación tomo a palabra Marta Dacosta, en representación do sindicato docente maioritario na Galiza, a CIG, quen, desde o contexto e problemática actual, sinalou o posicionamento da súa institución sobre a Biblioteca Escolar, amosando a dispoñibilidade para defender en todos os estamentos onde estea presente, as nosas reivindicacións (horario, normativa, orzamento, figura da persoa responsable…)


Posteriormente interveu Virgilio Gantes, presidente da CONFAPA-Galicia quen demandou a necesidade de que a Biblioteca Escolar conte con persoal especializado, amplo horario de apertura, instalacións axeitadas e un fondo documental actualizado e suficiente. Ademais aportou a visión dalgunhas familias sobre o servizo que se presta nalgunhas bibliotecas escolares.


Catuxa Seoane fixo fincapé na necesidade de traballar a prol dunhas bibliotecas participativas, que formen usuarios e usuarias 2.0, destacando as posibilidades pedagóxicas do libro electrónico e dos novos catálogos (con hipervínculos, vídeos, arquivos sonoros…) Subliñou as grandes ofertas da Internet como xestión do coñecemento, como soporte para actividades críticas, como fomento da creación.



Tras lerse a carta recibida desde a Dirección Xeral de Centros escusando a ausencia dalgún representante da Consellería de Educación, interveu Antonio Martínez, Presidente de AGABEL, para sinalar a importancia da acción do profesorado cara ao desenvolvemento das potencialidades pedagóxicas da Biblioteca Escolar ademais de lembrar as reivindicacións, xa históricas, da asociación.


Logo deuse paso a un interesante e intenso intercambio de pareceres sobre as ideas exportas onde se puxo de manifesto a necesidade de aumentar as relacións entre os sectores representados no acto.


Xa fóra do programa compartimos un café e un agradábel xantar.

Moitas grazas a todos e a todas pola participación no acto.

O vindeiro sábado, 24 de abril, ás 11 horas e no auditorio do Museo do Pobo Galego en Santiago, imos celebrar o décimo aniversario da asociación coa mesa redonda:

"Cara onde van as Bibliotecas Escolares Galegas"


Contamos coas intervencións confirmadas de Virgilio Gantes, Presidente de CONFAPA-Galicia, María Dacosta, da CIG, Catuxa Seoane, Bibliotecaria-Documentalista, e Antonio Martínez, Presidente de AGABEL.


Agardamos que a Conselleria de Educación acepte a nosa invitación e designe a unha persoa como representante.


Agardámosvos

O pasado 2 de abril a ENSIL (European Network for School Libraries and Information Literacy), a IASL (International Association of School Librarianship) e a IFLA (International Federation of Library Associations and Institutions), anunciaron a publicación dun documento conxunto, A Library for Every School (Unha biblioteca para cada escola). Este documento é un manifesto que avoga por que as bibliotecas sexan obrigatorias en todas as escolas.

Encontros do PLAMBE


Os días 15 e 16 de abril celebraranse en Santiago de Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares, 2009/2010. Están convocadas as persoas responsables das 299 bibliotecas escolares incluídas no presente curso neste programa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Os encontros teñen como finalidade avanzar na formación específica deste colectivo nos aspectos máis variados da biblioteca escolar: o papel que xogan hoxe en día estas bibliotecas nos centros educativos e as posibilidades que ofrecer para educar a un alumnado que medra na sociedade da información. Son espazo de reflexión e de intercambio de experiencias; unha oportunidade para a creación de vínculos profesionais que posibilite traballos colaborativos entre as distintas bibliotecas, nunha dinámica xa creada e que está a demostrar a súa efectividade.

A lectura para a aprendizaxe, a educación de competencias básicas como o "tratamento da información e competencia dixital", a presenza dos soportes audiovisuais e electrónicos, a imprescindible integración da cultura impresa e a cultura dixital, serán algúns dos contidos a tratar en maior profundidade.

Como ben saberedes a superficie mínima das bibliotecas escolares en Galicia de centros de nova construcción estaba regulado polo R. D. 1004 de 1.991 xa que o decreto que pretendeu sustituilo, o 1537/2003 fora declarado insconstitucional por defectos de forma na súa tramitación. Algunha Comunidades Autónomas teñen regulado de seu para modificar, ou mellorar, o lexislado polo do Ministerio.

Pois ben o Ministerio de Educación acaba de publica un novo decreto (o 132/2010 no BOE do 12-III-2010) Cal é a nosa valoración?
A Educación Infantil continúa sen ter bibioteca (debe ser como ese alumnado non sabe ler… para que quere libros pensará o Ministerio…) Non comprenden nada.
Fálase de superficies mínimas pero todos sabemos que hai que ler máximas. Son as seguintes:
Educación Primaria: biblioteca de 45 metros
ESO e Bacharelato: 75 metros
Formación Profesional: Non se cita.
A destacar que desaparece, como acontecía ata agora, a posibilidade de que un centro comparta dous tramos educativos cunha biblioteca, de 90 metros.

Será necesario sembrar as superficies aconselladas pola IFLA?
1- 250 alumnos/as: 144 metros cadrados
250- 500 alumnos/as: 251 metros cadrados
Máis de 500 alumnos/as: 358 metros cadrados

No decreto introdúcese a seguinte novidade:

Todos os espazos nos que se desenvolvan accións docentes, así como a biblioteca, contarán con acceso ás tecnoloxías da información e a comunicación en cantidade e calidade adecuadas ao número de postos escolares, garantindo a accesibilidade ás contornas dixitais do alumnado con capacidades diferentes

Pero no decreto 2003 afirmábase que a biblioteca tiña que contibuir a “cumprir os obxectivos curriculares do centro e que dispoña de fondos bibliográficos e de dotación de equipos informáticos suficientes para axilizar a súa xestión e o fomento da lectura nos alumnos”. Agora xa non?

Reclamamos que Galicia, onde se van construir moi poucos novos centros educativos nos vindeiros anos, modifique e mellore as superficies mínimas aprobadas polo Ministerio e se contemple a necesidade da Biblioteca nos Centros de Educación Infantil. Nos centros de Formación Profesional tamén se deberá contar cunha Biblioteca dunha superficie axeitada.

2010 Ano do Libro e da Lectura

A Consellería de Cultura, que non a de Educación, acaba de facer público que o ano 2010 é declaro Ano do Libro e da Lectura.
Este é o texto da argumentación e os eidos nos que se pensa traballar.

2010 Ano do Libro e da Lectura

"Programas de promoción do libro, fomento da lectura e a escrita, e mellora da xestión pública das bibliotecas.

Consciente do valor estratéxico do libro como instrumento para a expresión do dereito á creación, a promoción e a divulgación da cultura, da historia e da lingua de Galicia, o Consello da Xunta acordou declarar o próximo ano 2010 como Ano do Libro e da Lectura de Galicia, e invitar a todos os galegos a participar nos distintos actos que se realicen nesta celebración.
Procurouse a coincidencia do Xacobeo co Ano do Libro e da Lectura co obxecto de propiciar a complementariedade entre estas dúas celebracións. Sitúase así o libro, a nosa cultura e a nosa lingua, no marco dun acontecemento de enorme proxección exterior como é o Ano Santo.

No vindeiro ano, ademais de potenciar as accións que xa se veñen realizando a prol do libro e da animación á lectura, deseñouse unha programación variada concebida para conseguir unha maior visibilidade do libro e achegalo a toda a cidadanía.

Aínda aberta a novas iniciativas e cun orzamento previsto de 2.850.000 €, a programación inclúe proxectos de animación cultural, congresos e conmemoracións, actividades de promoción e difusión do libro, fomento da lectura e a escrita, así como
iniciativas para a mellora da xestión pública do libro e as bibliotecas.

1-ANIMACIÓN CULTURAL
Inicio e peche do Ano do Libro e da Lectura
Exposicións


2-CONGRESOS E CONMEMORACIÓNS
Encontros e congresos
Centenarios e outras homenaxes
Outras conmemoracións


3-PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DO LIBRO
Presenza en feiras do libro
Presenza do libro nos medios


4-FOMENTO DA LECTURA E DA ESCRITA
Animación á lectura
Fomento da escrita
Biblioteca galega de Bos Aires


5-XESTIÓN DO LIBRO E BIBLIOTECAS
Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura."

Hábitos de lectura 2009

A Federación de Gremios de Editores de España vén de publicar o Informe de hábitos de lectura y compra de libros en 2009, un barómetro que mide os hábitos da poboación maior de 14 anos en relación cos libros e a lectura. Desde hai tres anos, este barómetro presta tamén atención á lectura entre a poboación máis nova, entre 10 e 13 anos. Cómprenos unha lectura detallada deste informe se queremos traballar por obxectivos, sabendo de onde partimos e qué aspectos deberíamos ter en conta como mediadores na formación dos novos lectores e lectoras. Algúns datos para a reflexión:


Os lectores frecuentes, entre a poboación maior de 14 anos son o 41,3% (len todos ou case todos os días, ou unha ou dúas veces por semana).
Os lectores frecuentes, entre 10 e 13 anos, son o 77,1%
O 55% da poboación maior de 14 anos declárase lectora (lectores frecuentes + lectores ocasionais, que len un libro ao mes ou ao trimestre)
Entre os rapaces e rapazas de 10/13 anos, a porcentaxe de lectores, sumando frecuentes e ocasionais, sube ao 91,2%
O 78,4% dos nenos lectores asegura que seus pais lles len na casa, e o 88% que lles mercaron ou agasallaron con libros no último ano.
O 97,2% dos nenos lectores afirmar que os seus profesores os animan a ler, e o 93,2% asegura que nos seus colexios se realizan actividades arredor da lectura e o libro, participando nelas o 94,1%.


Galicia sube 2,3 puntos con respecto ao ano 2008, na porcentaxe de poboación lectora (+ 14 anos), quedando no 54,9%, sendo o 39, 9% os lectores frecuentes.
En Galicia, o 45,1% dos maiores de 14 anos non le.


A lectura en galego representa o 0,5% do total. En Galicia, o 7,4% dos lectores le en galego de forma cotiá.


Novamente, chama a atención tamén, e debera levarnos á reflexión sobre as nosas prácticas de selección e visibilización de segundo qué libros, a relación de libros máis lidos, entre a poboación infantil e entre a poboación adulta. ¿Para esta viaxe, tantas alforxas????

Vía Hora de Ler.-

No BOE do pasado 3 de febreiro publicouse a Resolución de 23 de diciembre de 2009, de la Dirección General de Evaluación y Cooperación Territorial, por la que se publica la Adenda al Convenio de colaboración, entre el Ministerio de Educación y Ciencia y la Comunidad Autónoma de Galicia, para la mejora de las bibliotecas escolares. O millón trescentos mil euros deberá ser destinado a:

As actuacións específicas asociadas á mellora das bibliotecas escolares centraranse nos aspectos que se enumeran a continuación:
Mellora das dotacións das bibliotecas escolares, actualizándoas e adecuándoas aos ensinos que se imparten no centro e ás idades dos seus alumnos: libros, revistas, documentación en soporte informático e recursos de vídeo e audio.
Dotación de mobiliario e de material informático e multimedia, para adecuar as contornas de traballo e lectura, os medios para o almacenamento das coleccións e os sistemas de procura e acceso á documentación e ás necesidades que debe cubrir a biblioteca escolar.
Reforma das instalacións para adecualas mellor ao uso da biblioteca, incluíndo as adaptacións para dotar de conexión a Internet.
Adaptación das instalacións para que poidan ser utilizadas de modo independente ao resto do centro, fóra do horario lectivo.
Mellora da atención das bibliotecas escolares e, en particular, programas experimentais dirixidos á dotación específica de persoal para as bibliotecas escolares
Programas de formación de profesores sobre xestión documental e bibliotecaria e sobre aplicación da biblioteca escolar ao desenvolvemento do currículo.
Establecemento de redes de apoio ás bibliotecas escolares nos servizos centrais, territoriais ou locais ou reforzo das existentes.

Tras enviar un correo electrónico en novembro de 2009, o pasado 5 de xaneiro enviose de novo outro e-mail e un fax coseguinte texto:

"Estimado Director Xeral de Centros e Recursos Humanos:

Como ben lembrará, no pasado mes de xuño do 2009 a Vicepresidenta e o Presidente de AGABEL (Asociación Galega polas Bibliotecas Escolares e a Lectura) mantivemos con vostede unha cordial entrevista e na que acordáramos volver a vernos en torno a novembro dese mesmo ano. A presente comunicación é para solicitarlle outra entrevista co obxectivo de repasar os temas que foran formulados no pasado. A xeito de recordatorio eses temas eran:

-Normativa que regule a Biblioteca Escolar.
-Recoñecemento do labor realizado polas persoas responsables das Bibliotecas Escolares.
-Situación do Plan de Mellora para o vindeiro curso.
-Mellora do mobiliario paras Bibliotecas Escolares.
-Revisión das superficies mínimas para as bibliotecas de nova construción.
-Mellora da situación da Asesoría de Bibliotecas escolares.
-Plans de Consellería sobre Bibliotecas Escolares.

Agardando a súa resposta, reciba un cordial saúdo"

Collejeros: "Enganchados al libro"

Para comezar ben o "Ano da lectura e o libro":



Vía El observatorio de la Noe.

;;
Agabel - Designer: Douglas Bowman | Dimodifikasi oleh Abdul Munir Original Posting Rounders 3 Column