Benvidos e benvidas ao blogue de Agabel.
O pasado 2 de xuño, O Presidente de AGABEL e unha socia, fomos recibidos polo Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal Rodríguez. A entrevista fora solicitada en novembro, tal e como se comprometerá hai xusto un ano, e foisenos concedida tras pedirlle outra ao Conselleiro (temos solicitada outra co Director Xeral de Educación, responsable dos ROCs). Na entrevista estiveron presentes as asesoras de Bibliotecas Escolares Cristina Novoa e Pilar Sampedro.
Despois de aclararnos os motivos do retraso na entrevista (moito traballo na Consellería) charlamos durante una hora nun clima de cordialidade.
Despois de aclararnos os motivos do retraso na entrevista (moito traballo na Consellería) charlamos durante una hora nun clima de cordialidade.
De xeito resumido abordamos os seguintes temas:
-Comezamos pedíndolle que transmita ao Conselleiro os nosos parabéns por ser o primeiro en levar, nunha Orde do Día, o tema da Bibliotecas Escolares ao Parlamento de Galicia (disto xa vos temos informados/as). Logo lle comentamos que agardábamos algo máis concreto e positivo da súa intervención.
A partir de aquí repasamos os temas abordados na xuntanza do 18 de xuño de 2009 para ver que avances houbo.
-Insistimos na necesidade dunha Orde que regule o modelo da Biblioteca Escolar para todos os centros educativos de Galicia e non só unhas “Orientacións” para os centros do Plan de Mellora.
-Insistimos na modificación dos Regulamentos Orgánicos de Centros para que a persoa responsable da Biblioteca conte coa dedicación horaria suficiente e se cree o Departamento da Biblioteca Escolar. Ademais amosamos a nosa disconformidade cós borradores de ROCs coñecidos ata o momento. Nos indica que desde a súa Dirección Xeral fixeron aportacións para mellorar a situación das Bibliotecas nos borradores coñecidos.
-Pedimos garantía da extensión e a continuidade do PLAMBE. Díxomos que que está convocado para o curso 2010-11 e que como é unha medida cofinanciada co Ministerio agardan novas concretas posto que para o 2011-12 haberá fondos.
-Insistimos que a Consellería adquira mobiliario específico de bibliotecas. Non avanzamos nada nun ano.
-Solicitamos que a Consellería mellore o decreto 132/2010 do Ministerio que regula as superficies mínimas (75 metros cadrados nas Bibliotecas) para os centros de nova creación.
-Insistimos na necesidade do recoñecemento administrativo do traballo desenvolvido nas Bibliotecas Escolares.
-Pedimos a extensión das Asesorías de Bibliotecas Escolares a todos os CFR. Tendo en conta que en 2010 amortizouse a praza da asesoría de Bibliotecas Escolares da Coruña e que neste curso se xubila o asesor de Vigo, manifestamos a nosa preocupación polo retroceso habido. Insistimos na necesidade da formación e dos asesores de Bibliotecas Escolares.
-Reiteramos a necesidade de aumento de persoal da Asesoría de Bibliotecas Escolares da Subdirección Xeral de Centros.
Ningunha das cuestións formuladas pareceulle carente de sentido ao Director Xeral pero insistiu que o contexto económico cambiou radicalmente desde hai un ano polo que non poderá haber redución da carga lectiva para o profesorado que leve a Biblioteca. Algúns dos asuntos formulados (formación, ROC...) son da outra Dirección Xeral. Transmitirallos.
Finalmente preguntamos polo PLAN LIA. Díxonos que no terceiro trimestre deste ano facilitarase información.
Quedamos en volvernos ver dentro dalgún tempo.
Etiquetas: Reivindicacións, ROCs
0 comentarios:
Subscribe to:
Enviar comentarios (Atom)