Benvidos ao blogue de Agabel.




Entrevista na Consellería

22/06/09

O pasado xoves, 18 de xuño, a Vicepresidenta da Asociación Galega polas Bibliotecas Escolares e a Lectura (AGABEL), Loly Lago e o Presidente, Antonio Martínez, fumos recibidos polo novo Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal Rodríguez. A entrevista, que fora solicitada pola asociación semanas atrás, desenvolveuse nun ton cordial e de proximidade, debido, probablemente, a que o novo Director Xeral procede da dirección dun centro e que polo tanto coñece a realidade (posibilidades e problemas) das Bibliotecas Escolares.

Durante a hora que durou a entrevista abordamos unha serie de temas que, dun xeito moi resumido, foron:
-Necesidade dunha Orde que regule o modelo da Biblioteca escolar.
-Modificación dos Regulamentos Orgánicos de Centros para que a persoa responsable da Biblioteca conte coa dedicación horaria suficiente e se cree o Departamento da Biblioteca Escolar.
-Garantir a extensión e a continuidade do PLAMBE.
-Adquisición de mobiliario específico de bibliotecas.
-Modificar as superficies mínimas para as bibliotecas recollidas nos decretos de superficies dos centros.
-Recoñecemento administrativo do traballo desenvolvido nas Bibliotecas Escolares.
-Extensión das Asesorías de Bibliotecas Escolares a todos os CFR.
-Aumento de persoal e da súa capacidade de decisión da Asesoría de Bibliotecas escolares da Subdirección Xeral de Centros.

Ningunha das cuestións formuladas pareceulle carente de sentido ao Director Xeral.
Concretamos unha nova entrevista para novembro para estudar como evolucionan os temas formulados.

Publicado por Antonio Martínez 0 comentarios  

Presentación da Guía para bibliotecas escolares

15/06/09

Guía para bibliotecas escolares, manual coordinado polos profesores da Universidade da Coruña, Pedro López Gómez e José Carlos Santos Paz, e publicado conxuntamente pola Universidade da Coruña e a Consellería de Traballo-Fondo Social Europeo, neste ano 2009.

O acto terá lugar no Salón de Graos. Facultade de Humanidades. R/ Doutor Cabrera s/n. Ferrol, o xoves, 18 de xuño de 2009 ás 19horas.

Intervirán: Fernando González, Director do Servizo de Publicacións da UDC, Pedro López, Co-director do Máster de Bibliotecas Escolares da UDC, Antonio Martínez, Presidente de AGABEL, a profesora da UDC Carmen Pérez Pais, e a profesora de ensino secundario Mª Dores Lago Iglesias, colaboradoras, entre outros autores, do manual.

Este libro inclúe os resumos das principais achegas realizadas polos profesores do I Master en Bibliotecas Escolares da Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña (2007-2008). Cobren os principais temas que se refiren ao universo da biblioteca escolar nos seus distintos niveis. Aspectos conceptuais, políticos e legais; cuestións teóricas e prácticas sobre a organización e instalación dos materiais, con especial referencia aos libros e documentos audiovisuais e electrónicos de carácter infantil e xuvenil; o proceso técnico dos materiais, a obtención e uso máis adecuado da información; os servizos que se poden prestar aos usuarios, e a formación deses usuarios para que utilicen e rendibilicen os materiais e as informacións á súa disposición; e a dinamización da biblioteca, concibida como un instrumento transversal da educación e a formación da comunidade escolar.

Publicado por Antonio Martínez 3 comentarios  

Guía para bibliotecas escolares

11/06/09

Deixamos constancia da aparición dun novo recurso. Varios dos autores/as son membros da asociación.



Pedro López Gómez e José Carlos Santos Paz (eds.). Guía para biblioteca escolares. A Coruña, Universidade da Coruña, 2009.

Autores e títulos dos capítulos:

Guillermo Castán. “Concepto, objetivos y funciones de la biblioteca escolar”.
Isabel Blanco e Antonio Martínez. “Instalaciones, equipos y mobiliario de la biblioteca escolar”
Cristina Ameijeiras. “Criterios y recursos para la formación de una colección de una biblioteca escolar”.
Isabel Pemán. “O proceso técnico”.
Carmen Pérez. “Fuentes de información: claves para una primera aproximación”.
Concha Varela e Rocío Ameneiros. “Servicios bibliotecarios”.
Carmen Loriga. Formación de usuarios na biblioteca escolar”.
Aurora Cuevas. “Alfabetización en información”.
Elena pernas. Animación a la lectura y promoción lectora”.
Elena Alfada. ”Literatura infantil y juvenil: tendencias, personajes y colecciones”.
Luisa Mora. “Libros documentales y de información para niños y jóvenes. El uso de otro documentos (informativos) en la biblioteca escolar del siglo XXI...”.
Loly lago. “Las Bibliotecas Escolares en la Sociedad de la Información”.
Antonio Martínez. “Proxecto de biblioteca escolar”.

Publicado por Antonio Martínez 1 comentarios  

Curso de Postgrado Semipresencial da Universidade de Zaragoza sobre Lectura, libros e lectores.

9/06/09

A socia Cristina Ameijeiras envíainos a seguinte información para a súa difusión.


"Huesca acoge un postgrado especializado en lectura

Ayer se presentó el Postgrado en Lectura, Libros y Lectores Infantiles y Juveniles, un nuevo título propio de la Universidad de Zaragoza dirigido a profesionales del sector del libro y la cultura, educadores y titulados universitarios, durante la celebración de la Feria del Libro de Huesca. Este título, uno de los pioneros de la universidad española, responde a la necesidad de formación que genera la eclosión del libro infantil y juvenil, una de las áreas más sólidas en el mercado editorial. El postgrado tendrá carácter semipresencial y prácticas externas en empresas y centros colaboradores"
Vía Mastermas.

Publicado por Antonio Martínez 0 comentarios  

Asemblea Anual Ordinaria

24/05/09

O vindeiro sábado, 6 de xuño, ás 10,45 horas en primeira convocatoria e 11,00 horas en segunda, celebrarase a Asemblea Anual Ordinaria da Asociación Galega polas Bibliotecas Escolares e a Lectura, no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela) coa seguinte

ORDE DO DÍA

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2.- Informe do estado de contas polo señor tesoreiro.
3.- Informe de acctividades desenvolvidas.
4.- Liñas de actuación e traballos.
5.- Rogos e preguntas.

Antonio Martínez García
Presidente

Publicado por Antonio Martínez 0 comentarios  

Solicitude de entrevistas

4/05/09

No día de hoxe foron solicitadas entrevistas co Señor Conselleiro de Educación e co señor Director Xeral de Centros e Recursos Humanos para avaliar a situación actual das bibliotecas escolares e a lectura nos centros educativos, coñecer as súas futuras actuacións e presentar as nosas demandas.

Publicado por Antonio Martínez 0 comentarios  

Programa electoral do Partido Popular

23/03/09

Celebradas as elecciónsautonómica, cómpre repasar o programa electoral do Partido Popular, relativos ás bibliotecas escolares e á lectura.
En Educación:
-A mala xestión impedíu mellorar no Plan de Mellora de Bibliotecas escolares.
-Impulsaremos a apertura das bibliotecas escolares fora do horario lectivo, especialmente nas localidades e barrios onde non exista biblioteca municipal.

En Cultura:
–Declarar o ano 2010 como Ano da Lectura en Galicia, co obxectivo de que todas a Administracións galegas e o sector do libro, os representantes editoriais e os axentes implicados no fomento da lectura, mobilícense a favor do fomento da lectura. Para esta campaña darán axudas específicas as Consellerías de Educación e de Cultura.
–Crear un Fondo Social con axudas da Xunta e doutras entidades para realizar todos os anos unha convocatoria pública dirixida a subvencionar a adquisición de libros de lectura e dinamizar o sector do libro.–Realizar campañas para potenciar actividades culturais e de fomento de lectura apoiándose nas 600 librarías e nas 45 editoriais galegas. A radio e a televisión galegas, dentro dos seus espazos de publicidade, reducirá as tarifas de promoción do libro galego.
–Establecer nos presupostos anuais da Xunta partidas para compra de libros destinados á actualización das bibliotecas e tamén das bibliotecas escolares. Unha parte destes libros serán libros editados en Galicia e libros en galego.
–Nos programas presupostarios da Xunta figurará un programa presupostario específico no que figuren as partidas destinadas ao sector do libro.
–O PPdeG garantirá que en todas as cidades de máis de 75.000 habitante existirá unha biblioteca estatal; que todas as cidades e vilas de máis de 50.000 habitantes conten con bibliotecas municipais xestionadas ou sostidas pola Xunta de Galicia. Mellorarase e impulsarase o servizo das bibliotecas nodais, con ampliación de horario e medios, especialmente persoais.
–Favorecer o papel das librarías como puntos especializados de venda de libro, así como de axentes culturais activos, indispensables para que a industria do libro manteña a gran pluralidade e cuantitividade e para a consolidación do tecido cultural galego. Farase promoción da libraría e a súa imaxe pública como punto especializado de venda de libros e como axente cultural activo, adoptando medidas eficaces en colaboración coa Federación de Libreiros de Galicia para evitar o peche de librarías, especialmente as instaladas nas zonas rurais e na periferia das cidades e vilas.
-Impulsar que as bibliotecas escolares se abran ao público fóra do horario lectivo dotándoas de técnicos e auxiliares de biblioteca.
-Envío a todas as bibliotecas das obras publicadas pola Xunta de Galicia e os editores galegos, previamente seleccionados por unha comisión na que participen os editores, libreiros e profesionais das bibliotecas.
-Vistos os problemas que o sistema de empréstito de libros de texto está a xerar nos alumnos, nos centros, nas familias e nas librarías, o Partido Popular cambiará este sistema polas axudas directas a través do chequelibro.

Publicado por Antonio Martínez 3 comentarios  
Agabel - Designer: Douglas Bowman | Dimodifikasi oleh Abdul Munir Original Posting Rounders 3 Column