Benvidos e benvidas ao blogue de Agabel.







O número 8 da revista Participación Educativa do Consello Escolar do Estado, está dedicado a "La lectura prioridad educativa: todos hacemos lectores".

Podes descarlo desde aquí.

Nova de hoxe en La Voz de Galicia.

A noticia na Televisión de Galicia.

Grazas a unha das nosas socias coñecimos esta entrada do Rincón bibliotecario no que se conta un discurso do senador Obama en 2005:


"La lectura" -insiste y remacha algo más adelante, sin titubeo alguno-, "es la competencia fundamental que hace el resto del aprendizaje posible, desde los problemas complejos con palabras y el significado de nuestra historia hasta los descubrimientos científicos y la excelencia tecnológica. Y, a propósito, es lo que se requieren para hacernos verdaderos ciudadanos", porque es cierto que hay que añadir la dimensión política de la lectura a su dimensión instrumental."

A xeito de acta da xuntanza mantiva o mércores 12 de novembro, polo Presidente e a Vicepresidenta de AGABEL co Subdirector Xeral de Centros, D. Carlos Encisa.

Foi unha reunión nun ambiente distendido na que se falaron de todos os temas que nos preocupan aos docentes que estamos á fronte das nosas bibliotecas escolares e que dende AGABEL levamos reclamando dende hai anos.

Unha reunión que poderíamos dividir en dúas partes, na primeira comezamos solicitando mobiliario específico (continúa vendo posiblidades de incluilo no cat´çalogo da Consellería), reclamamos a necesidade urxente dunhas indicacións á inspección educativa e ás direccións dos centros no sentido de que as horas de adicación á nosa labor na biblioteca non dependa da “boa vontade” de ninguén. Recordamos a falta de asesores en algúns dos CFRs, a necesidade de aumentar o número de persoas da Asesoría, o recoñecemento do noso traballo á hora de concursos de tralados, cátedras, etc. Tamén salientamos a necesidade de que a administración de Galicia mellore os decretos que regulan os espazos mínimos das bibliotecas escolares (total para os poucos centros que se van construir no futuro…) En definitiva, reivindicamos todos e cada un dos apartados do ESCRITO que dende a nosa asociación se fixo chegar aos asistentes aos II Encontros de Bibliotecas Escolares.

Na segunda parte amosamos o noso “desencanto” polas esperanzas que tiñamos postas na labor que dende esta administración se faría en prol das Bibliotecas Escolares galegas, e que o único que vemos é unha continuación do que xa existía, xa que, e coa excepción das dúas convocatorias para a creación de clubes de lectura, non hai nada novo no noso “escuro” panorama das Bibliotecas Escolares. Neste sentido, solicitamos do Sr. Subdirector que nos facilitase unha entrevista coa conselleira de Educación, posto que a diferencia do anterior conselleiro nunca nos recibíu, para formularlle como veíamos nós a situación actual das bibliotecas escolares así demandar actuacións futuras e coñecer cales son os plans do actual equipo da consellería. Así mesmo comentámoslle que estabamos a solicitar entrevistas cos distintos grupos parlamentarios (neste caso para que introduzan as B. E. nos seus programas electorais) e co Consello Escolar de Galicia (e neste caso para que fagan un seguimento relacionado coas B.E. no o novo (¿) ROC).
Para rematar preguntámoslle pola súa impresión e a da Conselleria dos anteriormente mencionados encontros.

Que conclusións tiramos da xuntanza: nada novo. Poderase avanzar algo e a medio prazo no tema do mobiliario para novos centrose no recoñecemento administrativo.

Polémica na Comunidade de Madrid

Nas últimas semanas os bibliotecarios-as están en pé de guerra coa Consejería de Educación. Máis información aquí.

Convocatoria de Clubs de Lectura

Segundo nos informan desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares, a Consellería de Educación acaba de publicar a convocatoria de Clubs de Lectura. É unha magnífica oportunidade para darlle visibilidade ao traballo das Bibliotecas Escolares nos centros e nas nosas comunidades. Estade atentos e atentas ás datas da convocatoria.

;;
Agabel - Designer: Douglas Bowman | Dimodifikasi oleh Abdul Munir Original Posting Rounders 3 Column