Benvidos e benvidas ao blogue de Agabel.




Encontros do PLAMBE


Os días 15 e 16 de abril celebraranse en Santiago de Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares, 2009/2010. Están convocadas as persoas responsables das 299 bibliotecas escolares incluídas no presente curso neste programa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Os encontros teñen como finalidade avanzar na formación específica deste colectivo nos aspectos máis variados da biblioteca escolar: o papel que xogan hoxe en día estas bibliotecas nos centros educativos e as posibilidades que ofrecer para educar a un alumnado que medra na sociedade da información. Son espazo de reflexión e de intercambio de experiencias; unha oportunidade para a creación de vínculos profesionais que posibilite traballos colaborativos entre as distintas bibliotecas, nunha dinámica xa creada e que está a demostrar a súa efectividade.

A lectura para a aprendizaxe, a educación de competencias básicas como o "tratamento da información e competencia dixital", a presenza dos soportes audiovisuais e electrónicos, a imprescindible integración da cultura impresa e a cultura dixital, serán algúns dos contidos a tratar en maior profundidade.

Como ben saberedes a superficie mínima das bibliotecas escolares en Galicia de centros de nova construcción estaba regulado polo R. D. 1004 de 1.991 xa que o decreto que pretendeu sustituilo, o 1537/2003 fora declarado insconstitucional por defectos de forma na súa tramitación. Algunha Comunidades Autónomas teñen regulado de seu para modificar, ou mellorar, o lexislado polo do Ministerio.

Pois ben o Ministerio de Educación acaba de publica un novo decreto (o 132/2010 no BOE do 12-III-2010) Cal é a nosa valoración?
A Educación Infantil continúa sen ter bibioteca (debe ser como ese alumnado non sabe ler… para que quere libros pensará o Ministerio…) Non comprenden nada.
Fálase de superficies mínimas pero todos sabemos que hai que ler máximas. Son as seguintes:
Educación Primaria: biblioteca de 45 metros
ESO e Bacharelato: 75 metros
Formación Profesional: Non se cita.
A destacar que desaparece, como acontecía ata agora, a posibilidade de que un centro comparta dous tramos educativos cunha biblioteca, de 90 metros.

Será necesario sembrar as superficies aconselladas pola IFLA?
1- 250 alumnos/as: 144 metros cadrados
250- 500 alumnos/as: 251 metros cadrados
Máis de 500 alumnos/as: 358 metros cadrados

No decreto introdúcese a seguinte novidade:

Todos os espazos nos que se desenvolvan accións docentes, así como a biblioteca, contarán con acceso ás tecnoloxías da información e a comunicación en cantidade e calidade adecuadas ao número de postos escolares, garantindo a accesibilidade ás contornas dixitais do alumnado con capacidades diferentes

Pero no decreto 2003 afirmábase que a biblioteca tiña que contibuir a “cumprir os obxectivos curriculares do centro e que dispoña de fondos bibliográficos e de dotación de equipos informáticos suficientes para axilizar a súa xestión e o fomento da lectura nos alumnos”. Agora xa non?

Reclamamos que Galicia, onde se van construir moi poucos novos centros educativos nos vindeiros anos, modifique e mellore as superficies mínimas aprobadas polo Ministerio e se contemple a necesidade da Biblioteca nos Centros de Educación Infantil. Nos centros de Formación Profesional tamén se deberá contar cunha Biblioteca dunha superficie axeitada.

;;
Agabel - Designer: Douglas Bowman | Dimodifikasi oleh Abdul Munir Original Posting Rounders 3 Column