Benvidos e benvidas ao blogue de Agabel.




Como ben saberedes a superficie mínima das bibliotecas escolares en Galicia de centros de nova construcción estaba regulado polo R. D. 1004 de 1.991 xa que o decreto que pretendeu sustituilo, o 1537/2003 fora declarado insconstitucional por defectos de forma na súa tramitación. Algunha Comunidades Autónomas teñen regulado de seu para modificar, ou mellorar, o lexislado polo do Ministerio.

Pois ben o Ministerio de Educación acaba de publica un novo decreto (o 132/2010 no BOE do 12-III-2010) Cal é a nosa valoración?
A Educación Infantil continúa sen ter bibioteca (debe ser como ese alumnado non sabe ler… para que quere libros pensará o Ministerio…) Non comprenden nada.
Fálase de superficies mínimas pero todos sabemos que hai que ler máximas. Son as seguintes:
Educación Primaria: biblioteca de 45 metros
ESO e Bacharelato: 75 metros
Formación Profesional: Non se cita.
A destacar que desaparece, como acontecía ata agora, a posibilidade de que un centro comparta dous tramos educativos cunha biblioteca, de 90 metros.

Será necesario sembrar as superficies aconselladas pola IFLA?
1- 250 alumnos/as: 144 metros cadrados
250- 500 alumnos/as: 251 metros cadrados
Máis de 500 alumnos/as: 358 metros cadrados

No decreto introdúcese a seguinte novidade:

Todos os espazos nos que se desenvolvan accións docentes, así como a biblioteca, contarán con acceso ás tecnoloxías da información e a comunicación en cantidade e calidade adecuadas ao número de postos escolares, garantindo a accesibilidade ás contornas dixitais do alumnado con capacidades diferentes

Pero no decreto 2003 afirmábase que a biblioteca tiña que contibuir a “cumprir os obxectivos curriculares do centro e que dispoña de fondos bibliográficos e de dotación de equipos informáticos suficientes para axilizar a súa xestión e o fomento da lectura nos alumnos”. Agora xa non?

Reclamamos que Galicia, onde se van construir moi poucos novos centros educativos nos vindeiros anos, modifique e mellore as superficies mínimas aprobadas polo Ministerio e se contemple a necesidade da Biblioteca nos Centros de Educación Infantil. Nos centros de Formación Profesional tamén se deberá contar cunha Biblioteca dunha superficie axeitada.

3 comentarios:

Outra falcatruada máis, e xa van unhas cuantas no eido da educación. Establecer como criterio o tipo de estudos e non o número de alumnos/as é, simplemente, impresentable. Estamos a conseguir que cada vez máis profes utilicen a biblioteca como centro de recursos, pero sen espazos axeitados isto será misión imposible.

Beni dijo...
18/3/10 01:18  

será un dos froitos envelenados da tan nomeada CRISE. Recortar en educación.

olga dijo...
18/3/10 02:05  

Eles nin un paso adiante logo nós "NIN UN PASO ATRÁS"!!

Loly dijo...
21/3/10 14:16  

Publicar un comentario

Agabel - Designer: Douglas Bowman | Dimodifikasi oleh Abdul Munir Original Posting Rounders 3 Column