Benvidos e benvidas ao blogue de Agabel.
Entrevista publicada no xornal Galicia Hoxe o pasado 30 de outubro de 2010.
O tempo agasallado
A xa histórica reivindicación da creación da figura da persoa responsable das bibliotecas escolares segue sen ser atendida pola Xunta
"Avanzamos moito, pero nos temas clave estamos igual que cando empezamos hai dez anos, e iso produce xa certo esgotamento. A nosa principal reivindicación é que sexa regulado un tempo de dedicación ás bibliotecas, que estamos asumindo os profesores, na maioría dos casos, de xeito voluntario e sen redución da nosa carga de traballo". Así resume o presidente da da Asociación Galega polas Bibliotecas Escolares e a Lectura (Agabel), Antonio Martínez, a situación no sector, que este fin de semana celebra en Santiago un encontro, Variacións sobre a lectura, que reúne a máis 1.000 persoas.
"É importante lembrar que foi AGABEL a que demandou a creación dunha asesoría de bibliotecas escolares e a que reclamou a posta en funcionamento dun plan de mellora das mesmas", sinala este colectivo no seu documento de reivindicacións. Entre os avances, sinalan os recollidos en diferentes normativas, como a LOE, que alude, por primeira vez, expresamente ás bibliotecas escolares, ou os plans e ectividades sobre a lectura realizadas polas consellerías de Educación e Cultura, que son "moitos", salienta Martínez. "Temos que pensar que non sempre o Ministerio marca uns vieiros aceptables e Galicia ten competencias de seu para establecer un marco normativo máis axeitado", engade o documento, que demanda a regulación do modelo de Biblioteca Escolar para todos os centros de ensino, a creación da figura da persoa responsable da biblioteca escolar cunha redución suficiente da súa carga lectiva e a formación precisa, a creación do Departamento da Biblioteca Escolar para garantir a asignación de recursos económicos en todos os centros; a inclusión de mobiliario "axeitado" no catálogo de equipamento da Consellería, a mudanza dos parámetros sobre superficies mínimas.
"Nalgúns aspectos as bibliotecas escolares galegas están entre as mellores de España: por exemplo, no uso de internet: as bibliotecas teñen blogs, están nas redes sociais... O Plan de Mellora das Bibliotecas, que é galego pero tamén recibe apoio do Ministerio, é un referente a escala estatal, e cada vez inclúe máis centros. O Plan LÍA 2010-2015 polo momento está baleiro de contidos. Inclúe as actividades que xa viña facendo a consellaría, que son moitas. Pero o máis importante é que nos dean tempo para traballar nas bibliotecas", di.
En canto aos recortes para dotación das bibliotecas, comenta que "os centros teñen autonomía financieira, polo que do diñeiro que reciben deciden canto vai para a biblioteca. Agás os centros que están no Plan de Mellora, que son un terzo do total", subliñou.
O subdirector xeral de Centros, Francisco Castro, inaugurou onte o encontro de bibliotecas escolares, organizado pola Consellería de Educación. Na xornada de hoxe intervirán os editores Manuel Bragado e Javier Celaya.
Etiquetas: Formación, Reivindicacións
1 comentarios:
Cristina
dijo...
10/12/10 08:09
Subscribe to:
Enviar comentarios (Atom)
Tampoco sabía deste blog. A miña burricia comeza a preocuparme... Vou intentar facer o enlace ca insignia ao meu blog...(A ver si sei)
Apertas bibliotequeiras!