Benvidos e benvidas ao blogue de Agabel.
Invitados polo Grupo Parlamentar do BNG, AGABEL asistíu á sesión plenaria do 11 de maio que tiña na Orde do día a comparecencia a iniciativa do Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, don Jesús Vázquez Abad “para informar sobre a situación das bibliotecas escolares en Galicia e a súa contribución á lectura e á aprendizaxe” (Publicación da iniciativa, BOPG núm. 204, do 06.04.2010)
Toda a sesión en vídeo.
Resume das comparecencias.
Xesús Vázquez Abad, Conselleiro de Educación e O.U.
Centra a primeira parte da intervención en analizar a situación actual das Bibliotecas Escolares de Galicia (en adiante B.E.). Fai un recoñecemento público do labor realizado polos docentes responsables das BE e das Comunidade Educativas. Valora a importancia do seu traballo e destaca a necesidade de que as BE teñan visibilidade na lexislación. Fai un compromiso público para que as BE sirvan para o proceso de ensinanza-aprendizaxe, desenvolvendo un modelo teórico das mesmas, aludindo ás competencias básicas, lectura, compensación de desigualdades, como espazo de convivencia…. Cualifica as BE como “un asunto relevante” no eido educativo.
Manifesta que se debe consolidar e “estabilizar” o bo labor xa realizado, aludindo ao pasado (creación da Asesoría de B.E., Plan de Mellora das BE, partidas orzamentarias para renovación das coleccións, formación do profesorado, Hora de Ler, Mochilas Viaxeiras, Clubs de Lectura…).
Destaca que as B.E, son unha potente ferramenta no eido educativo e cultural, na innovación educativa e no uso das TICs. Alude aos magníficos traballos actuais das B.E como o relacionado coas Letras Galegas, os blogs, os traballos interdisciplinares (astronomía, Día da Paz, etc)
“Estamos no bo camiño”
Sinala grandes retos para o futuro nas BE como son a integración das culturas impresas e dixitais, afrontar os cambios educativos e a selección de información.
Coñece as dificultades existentes e destaca a profesionalidade e o bo facer dos actuais responsables das BE de Galicia. Ten por obxectivo consolidar o xa realizado.
Nunha segunda parte da comparecencia presenta o PLAN LIA (Lectura, Información e Aprendizaxe) para os anos 2010-2015, cos seguintes cinco obxectivos:
-Adaptar os recursos informativos dos centros á nova sociedade.
-Promover a integración das TICs e das novas prácticas educativas profundando na formación do profesorado.
-Favorecer a adquisición das competencias básicas polo alumnado.
-Mellorar os índices de lectura e escritura.
-Incentivar o uso das BE polas comunidades educativas.
Carme Adán Villamarín (BNG)
Saúda aos membros de AGABEL presentes no hemiciclo. Sinala que o discurso do Conselleiro é un discurso baleiro. Recoñece que as BE de Galicia melloraron moitísimo grazas ao voluntarismo do profesorado ao que lle agradece a súa dedicación.
Manifesta que no discurso do Conselleiro non houbo propostas concretas e si obxectivos xenéricos, insistindo na voluntariedade dos docentes que traballan nas BE, e realiza as seguintes preguntas:
-Cal vai ser o compromiso coas BE?
-Pensa redactar algunha normativa sobre as BE?
-Pensa mellorar o decreto que regula os espazos mínimos das BE?
-Vai dotar as BE de Infantil e Formación Profesional?
-Vai regular a dedicación horaria nos futuros Regulamentos Orgánicos de Centros?
-Vai crear a figura da persoa responsable das BE con dedicación horaria suficiente?
Pide compromisos concretos.
Pídelle ao Conselleiro que explique a negativa e escasa presenza das BE nos novos ROC dos Conservatorios e na Escolas de Idiomas.
Manifesta o seu rexeitamento ao modificación na convocatoria deste ano de PLAMBE ao suprimirse a obrigatoriedade de que polo menos o 50% dos fondos adquiridos estean en lingua galega
Guillermo Meijón Couselo (PsdeG-PSOE)
Saúda aos membros de AGABEL presentes. Alude a outras cuestións de actualidade no eido educativo.
Cualifica ao PLAMBE de grande éxito e lembra as aportacións económicas do bipartito. Lembra que nos orzamentos de 2010 a Consellería de Educación destina entre un 20 e un 30% menos ás BE e á Lectura que no 2009, un 30% menos en formación do profesorado e un 20% menos de asesorías técnicas, ademais, recorda, que foi suprimida a asesoría de BE do CFR da Coruña. Critica a desaparición da obrigatoriedade de adquirir o 50% dos novos fondos en galego.
Sobre o Plan LIA entende que é unha declaración de obxectivos xenéricos, sen orzamento e sen planificación.
Remata afirmado que as BE necesitan entrar nunha segunda fase, a do remate do voluntarismo.
Román Rodríguez González (PP)
Cualifica o escenario actual de “recursos decrecentes”. Fai unha defensa xenérica das políticas do Conselleiro. Entende como positivo o Plan LIA, como unha aposta “moi importante” polas BE e unha nova mellora da educación. Cre que no bipartito as BE tiveron un balance “floxo” e continuísta co que xa se estaba a facer. Argumenta que no artigo 113 da LOE non se regula nada da figura do responsable da BE.
Quendas de réplicas

Saúda e agradece o traballo feito por AGABEL (por certo di que temos “fío directo coa Consellería”) Agradece, de novo, o traballo dos docentes nas BE e especialmente a “Pilar e Cristina” polo excelente traballo desde a Asesoría de BE.
Argumenta que o Plan LIA responde ás necesidades dos docentes, que garante a continuidade do PLAMBE, afianza a rede de BE, a formación do profesorado, reforzará a Hora de Ler, propulsará a mellora dos Plans lectores dos centros. Anuncia que se farán concursos sobre “Lectura en voz alta”.
Desexa que “non esmoreza o voluntarismo”.
Márcase como obxectivo para o 2015 que o 70% dos centros de titularidade pública estean dentro do PLAMBE. Farase un estudo do marco normativo, garante a presenza das BE nos novos ROCs e buscaranse fórmulas para garantir a estabilidade da presenza da persoa responsable da BE. Farase un equipamento básico para os centros de nova creación. –Utilizaranse instrumentos de avaliación do uso das BE. Farase un estudo que avalíe o PLAMBE. Crearase un observatorio de BE para elaborar informes bianuais. Preténdese formar a máis de 3.000 docentes no uso das BE. Incorporarannse recursos da web 2.0 Farase un concurso sobre traballos de investigación do alumnado desde o 3º Ciclo de Primaria. Colaborarase con outros axentes sociais. Intensificarase a relación cos concellos e consellería de Cultura.
Farase un “marco normativo que poña en valor este servizo”.
Carme Adán Villamarín (BNG)
Dificultades dos Clubs de Lectura no rural por falta de transporte.
-Como aparecerán as BE nos ROCs?
-Como aparecerá a dedicación horaria?
Pídelle que escoite as reivindicacións do profesorado a nivel lexislativo e dotacional. Pide un compromiso claro co profesorado das BE.
Guillermo Meijón Couselo (PsdeG-PSOE)
Insiste na supresión da Asesoría de BE no CFR da Coruña. Insiste en que hai menos orzamento. Débese regular a figura da persoa responsable da BE. Parécenlle pouco o 70% dos centros para 2015. Afirma que “non vemos ningunha realidade concreta sobre as BE”
Román Rodríguez González (PP)
Defende o discurso do Conselleiro.

“Desenvolveremos normativa sobre as BE”

O Pleno na prensa:
Etiquetas: ROCs
3 comentarios:
Niño da Curuxa
dijo...
12/5/10 08:33
Fantástica crónica, como non podería ser de outra forma. Eu creo que si en algo todo o mundo está de acordo e que as BE galegas funcionan grazas ó esforzo de moitos e moitas, pero os ánimos decaen porque non se pode estar sempre dando dando e non recibindo... que se plantexen a nivel político si vale a pena ou non... porque esto non é eterno.
Anónimo
dijo...
16/5/10 23:42
Tratei de facer unha crónica "aséptica". As valoracións farémolas en conxunto... pero quedaron moitas preguntas sen responder e os borradores de ROCs de ROCs que imos coñecendo as Bibliotecas fican dun xeito penoso.
Antonio Martínez
dijo...
17/5/10 01:12
Subscribe to:
Enviar comentarios (Atom)
Polo que parece, hai "fíos" invisibles... Tanto fío, tanto "lía"... acabaremos enredados ou facendo encaixe de bolillos, coma sempre? Boa crónica, con todo detalle. Parabéns pola inmediatez. Agardemos que os esforzos que están a facer Cristina e Pilar dean o resultado que todos esperamos.