Dende a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística infórmannos sobre o éxito da convocatoria Recitando a Celso Emilio
Segundo os datos de que dispoñen, arredor de 200 centros xuntaron uns 30.000 rapaces. Centros de Infantil, Primaria, Secundaria, centros públicos e privados (Salesianos, Compañía de María, Sagrada Familia,…)
Esta convocatoria recibiu apoios externos, coma Agabel, Galix, o Ateneo de Santiago de Compostela, o Ateneo de Pontevedra, a concellería de Cultura e a Biblioteca municipal do Concello de Cee, a asociación xuvenil Amencer de Ourense e a Área de NL da Universidade de Vigo (cun recitado desde a terraza da Biblioteca Central) , o Servizo de NL do Concello de Redondela e a Radio local.
Tamén apoiou a convocatoria algún lectorado no estranxeiro.
Foron moitas as iniciativas impulsadas ou apoiadas desde as bibliotecas escolares, e moi difícil escoller entre todas.
Velaí vai unha pequena mostra:
C.P.I. "Santa Lucía" de Moraña:
E.E.I. "Fernández Varela" da Pobra do Caramiñal:
C.E.I.P. "Víctor Sáez" de Mazaricos:
C.E.I.P. Plurilingüe "A Pedra" de Bueu:
I.E.S. "Sánchez Cantón", de Pontevedra:
O Instituto Cañada Blanch de Londres, que saíron á rúa e pedíronlle aos londinenses que leran
un dos versos do poema:
Son estas as iniciativas que manteñen vivas e unidas as bibliotecas, centros de ensino e centros culturais de toda Galiza, que serven como punto de referencia desde as poboacións máis numerosas ata as pequenas aldeas. Grazas aos novos medios podemos seguir propagando e compartindo o amor polo noso e a nosa vocación de divulgalo e de non esquecer o papel que, como docentes, e desde as nosas bibliotecas nos corresponde. Agradecemos á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística todo o traballo e a ilusión que contaxiaron en todos e todas nós.
Etiquetas: Biblioteca escolar, Celebracións, Convocatorias, Eventos, Reivindicacións
Desde AGABEL queremos apoiar a iniciativa RecitandoCesoemiliO impulsada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. A proposta alude moi directamente ás Bibliotecas Escolares, como núcleos de dinamización da lectura e da cultura entre os máis novos e faise extensivo a asociacións, institucións e cidadanía. Conmemoramos o centenario do nacemento de Celso Emilio, pero tamén colaboramos nun proxecto común e ilusionante na defensa da nosa lingua a través da palabra, facendo noso o contido do poema “Deitado fronte ao mar”. AGABEL anima a participar nesta homenaxe, a facer que cada centro, cada biblioteca, sexa un punto difusor do espíritu que inspira esta proposta. Felicitamos ao IES "As Barxas" polo seu traballo e a súa xenerosidade.
Etiquetas: Celebracións, homenaxe, lingua
Etiquetas: Biblioteca escolar, Eventos, Lexislación, Protesta, Reivindicacións
Etiquetas: Biblioteca escolar, Eleccións
Etiquetas: Asemblea
Diante das derradeiras asembleas de AGABEL, desexo contar o seguinte:
Secretaria de AGABEL
Etiquetas: Asemblea
ACTA DA ASEMBLEA ANUAL ORDINARIA DA ASOCIACIÓN GALEGA
POLAS BIBLIOTECAS ESCOLARES E A LECTURA (AGABEL) DO 12 DE MAIO DE 2012.
Etiquetas: Asemblea
Os profesores e profesoras da Rede profesional de bibliotecarias e bibliotecarios escolares da provincia de Córdoba reunidos na última sesión anual dos Encontros de bibliotecas escolares no Centro do Profesorado de Córdoba o día 24 de abril de 2012, acordaron por unanimidade subscribir o presente escrito e elevalo a quen corresponda:
As bibliotecas escolares constitúen un recurso imprescindible para a educación e o seu defensa, protección e apoio supón unha necesidade máis aínda nestes tempos, a pesar de que non sexan economicamente os máis prósperos. Non podemos consentir que se interrompa o arduo traballo de todos estes anos, nin podemos seguir na continua provisionalidade dos últimos. Este apoio ás bibliotecas escolares, aos seus responsables e equipos, debe reflectirse de xeito claro e inequívoca na lexislación que a Xunta de Andalucía prepara, e debe mirar ao futuro coas altas perspectivas que competen á misión que desempeñan. Por esa razón, pedimos:
Que a redución horaria semanal do responsable da BE sexa equiparada ao resto dos proxectos educativos, a tenor do disposto na ORDE de 3 de setembro de 2010, pola que se establece o horario de dedicación do profesorado responsable da coordinación dos plans e programas estratéxicos que desenvolve a Consellería competente en materia de educación.
Que se cre o departamento de biblioteca escolar nos centros.
Que se evite a provisionalidade no cargo de responsable de biblioteca escolar dos nomeamentos limitados a un ano.
Que as direccións dos centros poidan solicitar dotación de equipamento, mobiliario e adecuación de espazos, previamente argumentados e xustificados.
Que, independentemente doutro tipo de ingresos que poida ter a BE, adecúese debidamente o orzamento dos centros educativos, de forma que a dirección do centro estableza un orzamento anual ordinario para o mantemento da biblioteca escolar que oscilaría entre o 5% e o 10% do total do centro, tal como establece a UNESCO.
Que se integre a biblioteca escolar no centro a través da presenza do seu responsable no ETCP.
Que se procure especialmente que a normativa non se preste a interpretacións e sesgos, de forma que a súa redacción sexa explícita respecto das horas de dedicación e á adxudicación de recursos materiais e humanos.
Que a biblioteca escolar estea presente na formación xeral do profesorado con obxecto de que se coñeza e respecte o seu uso na práctica educativa, especialmente na formación de directivos, de profesorado en prácticas e de máster.
68 profesores e profesoras de primaria e secundaria de centros públicos da provincia de Córdoba
Córdoba a 24 de abril de 2012.