Benvidos e benvidas ao blogue de Agabel.




Campaña de fomento da lectura



Visto en Biblioafonso .

Nova Biblioteca Central de Helsinky

A Biblioteca Central de Helsinki vén de distribuír este vídeo onde, coma un conto, explica como foi medrando o país até chegar ao proxecto de construción da Biblioteca Central, un centro de cultura, entretemento, ocio e traballo, pensado para recibir máis de cinco mil visitas cada día. Unha biblioteca que é o tronco dunha árbore e as súas pólas son as actividades do pobo.
Nós aínda andamos na loita de demostrar que a biblioteca escolar é o tronco do centro educativo.

Novamente, unha lección que vén do norte: a importancia da cultura por riba de todo. O que nos cómpre no noso país.



Texto procedente de Trafegando Ronseis.

Salvade as Bibliotecas Escolares!!!

En Estados Unidos berran ¡salvade as bibliotecas escolares! probablemente, porque existen, porque o normal é que os centros teñan bibliotecas e bibliotecarios escolares. Noutros lugares habería que berrar mais ben que as creasen.

Non sei se son bos tempos para as bibliotecas escolares, pero parece que polo menos incertos. O vídeo pretende dramatizar unha situación posible se os recortes orzamentarios chegasen a colapsar os servizos. Un vídeo coidado e curioso, onde vemos as funcións da biblioteca escolar en todas as súas dimensións, desde o estudo asistido ao simple entretemento ou ao uso da biblioteca escolar como lugar de refuxio para o que a usa certo alumnado. Unha panoplia de funcións que dificilmente figuran ás veces nas funcións tópicas e típicas dunha biblioteca escolar e que constitúen parte da súa grandeza.

Tradución do vídeo:
Bibliotecas sanguentas
“As bibliotecas son fundamentais para o logro do estudante. A colección apoia o currículo e proporciona unha rica variedade de recursos de lectura a todos os estudantes e profesores.
“Regras da Biblioteca. Faga algo produtivo. Permita que outras persoas sexan produtivas. Sexa respectuoso coas demais persoas e os seus bens”.
Os distritos escolares en todo Estados Unidos están pechando coleccións. O valor dos activos da colección dun distrito escolar extenso pode superar os 300 millóns de dólares. Unha biblioteca pechada sen un bibliotecario será desposuída dos seus recursos e acabará desaparecendo. A clausura de bibliotecas escolares será unha catástrofe educativa e un desastre financiero”.
Unha dramatización do que sucederá cando os recortes orzamentarios mal concibidos pechen as bibliotecas escolares.


Bleeding Libraries from Laura Graff on Vimeo.


Texto e vídeo procedente do Blog de Miguel Calvillo. Grazas

ROCs: novas esperanzadoras

Nas xuntanzas dos pasado 2 e 3 xuño da Mesa Sectorial discutíronse os borradores dos Regulamentos Orgánicos de Centros Integrados de F.P e das Escolares de Artes e Superiores de Deseño. A CIG tivo a ben levar a dita xuntanza as nosas propostas e cunha esperanzadora receptividade pola Dirección Xeral.

Ista é a información proporcionada pola CIG:



"ALEGACIÓNS DA CIG ENSINO AO PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE ESTABLECE O REGULAMENTO ORGÁNICO DOS CENTROS INTEGRADOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL
Capítulo IV. Órganos de coordinación:
Biblioteca:
Para nós desde logo unha cuestión central que haxa unha persoa responsábel de biblioteca con redución horaria, redución que haberá que establecer en función do número de usuarios da biblioteca (fundamentalmente profesorado e alumnado).
-Dentro dos ROCs debe contemplarse un plan de biblioteca que fixará obxectivos curriculares, un plan de fomento de lectura e un plan de apoio á aprendizaxe, que deberán ser incluídos no (Proxecto Educativo do Centro) Plan e na memoria anual do centro.
-Debe crearse o departamento de Biblioteca (capítulo IV órganos de coordinación) con dotación orzamentaria propia, como calquera outro departamento didáctico, (debería ser un 10% do orzamento total do centro). Deberán contar cun fondo documental adecuado e actualizado así como con instalacións e equipamentos apropiados as súas funcións, que aseguren o libre acceso aos fondos por parte dos/as usuarios/as.

A biblioteca deberá contar con fondos bibliográficos, fonográficos, videográficos e material didáctico en galego aplicábel a diferentes áreas.
-O departamento de biblioteca contará cun equipo constituído por profesorado dos diferentes departamentos.
-Crearase a figura do responsábel de biblioteca, que deberá ter unha redución horaria axeitada, como a que se propón para as xefaturas de departamento, de entre 3 e 6 horas.
-Contemplarase o funcionamento en rede das bibliotecas escolares, a nivel municipal, comarcal e nacional
A Consellaría responde que teñen que van incluír a coordinación da biblioteca coas funcións que lle correspondan. O resto das propostas recolleranas soamente se o consideran necesario".

Información sobre o ROC dos Centros Integrados de FP.
Información sobre o ROC da Escolas de Artes e Superiores de Deseño.

O pasado 2 de xuño, O Presidente de AGABEL e unha socia, fomos recibidos polo Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal Rodríguez. A entrevista fora solicitada en novembro, tal e como se comprometerá hai xusto un ano, e foisenos concedida tras pedirlle outra ao Conselleiro (temos solicitada outra co Director Xeral de Educación, responsable dos ROCs). Na entrevista estiveron presentes as asesoras de Bibliotecas Escolares Cristina Novoa e Pilar Sampedro.

Despois de aclararnos os motivos do retraso na entrevista (moito traballo na Consellería) charlamos durante una hora nun clima de cordialidade.

De xeito resumido abordamos os seguintes temas:
-Comezamos pedíndolle que transmita ao Conselleiro os nosos parabéns por ser o primeiro en levar, nunha Orde do Día, o tema da Bibliotecas Escolares ao Parlamento de Galicia (disto xa vos temos informados/as). Logo lle comentamos que agardábamos algo máis concreto e positivo da súa intervención.

A partir de aquí repasamos os temas abordados na xuntanza do 18 de xuño de 2009 para ver que avances houbo.

-Insistimos na necesidade dunha Orde que regule o modelo da Biblioteca Escolar para todos os centros educativos de Galicia e non só unhas “Orientacións” para os centros do Plan de Mellora.
-Insistimos na modificación dos Regulamentos Orgánicos de Centros para que a persoa responsable da Biblioteca conte coa dedicación horaria suficiente e se cree o Departamento da Biblioteca Escolar. Ademais amosamos a nosa disconformidade cós borradores de ROCs coñecidos ata o momento. Nos indica que desde a súa Dirección Xeral fixeron aportacións para mellorar a situación das Bibliotecas nos borradores coñecidos.
-Pedimos garantía da extensión e a continuidade do PLAMBE. Díxomos que que está convocado para o curso 2010-11 e que como é unha medida cofinanciada co Ministerio agardan novas concretas posto que para o 2011-12 haberá fondos.
-Insistimos que a Consellería adquira mobiliario específico de bibliotecas. Non avanzamos nada nun ano.
-Solicitamos que a Consellería mellore o decreto 132/2010 do Ministerio que regula as superficies mínimas (75 metros cadrados nas Bibliotecas) para os centros de nova creación.
-Insistimos na necesidade do recoñecemento administrativo do traballo desenvolvido nas Bibliotecas Escolares.
-Pedimos a extensión das Asesorías de Bibliotecas Escolares a todos os CFR. Tendo en conta que en 2010 amortizouse a praza da asesoría de Bibliotecas Escolares da Coruña e que neste curso se xubila o asesor de Vigo, manifestamos a nosa preocupación polo retroceso habido. Insistimos na necesidade da formación e dos asesores de Bibliotecas Escolares.
-Reiteramos a necesidade de aumento de persoal da Asesoría de Bibliotecas Escolares da Subdirección Xeral de Centros.

Ningunha das cuestións formuladas pareceulle carente de sentido ao Director Xeral pero insistiu que o contexto económico cambiou radicalmente desde hai un ano polo que non poderá haber redución da carga lectiva para o profesorado que leve a Biblioteca. Algúns dos asuntos formulados (formación, ROC...) son da outra Dirección Xeral. Transmitirallos.

Finalmente preguntamos polo PLAN LIA. Díxonos que no terceiro trimestre deste ano facilitarase información.

Quedamos en volvernos ver dentro dalgún tempo.

;;
Agabel - Designer: Douglas Bowman | Dimodifikasi oleh Abdul Munir Original Posting Rounders 3 Column