Xuntanza co Xefe do gabinte da Consellería de Educación
0 comentarios Publicado por Antonio MartínezXuntanza co Xefe do gabinete da Conselleira de Educación, Juan Carlos Porrúa o 3-XII-08. Por AGABEL estivemos a Vicepresidenta (Loly Lago) e o Presidente (Antonio Martínez)
Durante 75 minutos intensos o Xefe do Gabinete da Consellería estivo escoitando a nosa valoración da situación actual das Bibliotecas Escolares de Galicia e as nosas propostas para que continúen mellorando. Ademais fixémoslle entrega dunha carpeta con documentación relativa ás nosas propostas.
Abordamos os seguintes puntos:
1.- Situación actual, avances nos últimos anos.
2.- Necesidade de regular un modelo de Biblioteca (tomou nota e o considerou lóxico, razoable e posible, mediante unha Orde)
3.- Reclamación da existencia da figura do responsable da Biblioteca Escolar con formación e dedicación horaria suficiente.
Comentóuselle as palabras da Conselleira do pasado día 24 de novembro en Ames onde afirmou que no borrador do Regulamento Orgánico de Centros figura o recoñecemento deste cargo e a súa redución horaria (nalgúns casos) ata metade da xornada lectiva. Tomou nota e comentou que en XII-08 no borrador do Regulamento Orgánico de Centros que manexa a Consellería figura a equiparación da figura do Responsable da Biblioteca Escolar co dos Xefes de Departamentos Didácticos (tanto para E.Primaria como E. Secundaria), cun desconto da carga lectiva de tres horas (entendemos que ademais das complementarias). Desculpou o erro da Conselleira. Amosamos a nosa ledicia pero afirmamos que é paso adiante posto que aínda quedaría moito por facer neste asunto (descompensación entre funcións asignadas na normativa e tempo para facelas)
4.- Reclamamos a existencia dun Equipo de Apoio á Biblioteca con dedicación horaria suficiente (tomou nota)
5.- Reclamamos a continuidade e extensión do Plan de Mellora de Biblioteca Escolares. Para o curso 2009/10 está garantido, cun incremento orzamentario do entre o 10 e o 15%. Máis alá non se pode (loxicamente) comprometer.
6.- Reclamamos a necesidade de que a Consellería conte con mobiliario axeitado para as Bibliotecas Escolares. Tomou notas moi concretas para informarse e avanzar nesta liña.
7.- Reclamamos o aumento das superficies mínimas para as Bibliotecas Escolares contempladas nos Reais Decretos (tomou nota)
8.-Reclamamos o recoñecemento administrativo do labor desenvolvido polas persoas responsables das Bibliotecas Escolares (Tomou nota)
9.- Pedimos a ampliación a todos os Centros de Formación do Profesorado da Asesoría de Bibliotecas Escolares, o aumento do número de persoas no servizos centrais e un aumento da súa capacidade de xestión e decisión. Respondeunos que para o ano 2009 non haberá ningún incremento de persoal.
Finalmente garantiunos que a Conselleira nos recibirá en xaneiro-febreiro e que para entón nos comunicará que en varios destes temas xa haberá algunha noticia.
Foi unha charla intensa e agrable. Saímos coa sensación de ser escoitados, comprendidos e de que as nosas propostas/reclamacións serán seriamente estudadas. Pareceunos un interlocutor válido.
Etiquetas: Reivindicacións
O número 8 da revista Participación Educativa do Consello Escolar do Estado, está dedicado a "La lectura prioridad educativa: todos hacemos lectores".
Podes descarlo desde aquí.
Etiquetas: Recursos
O Ministerio investirá 600.000 nas Bibliotecas Escolares de Galicia
0 comentarios Publicado por Antonio Martínez Nova de hoxe en La Voz de Galicia.
A noticia na Televisión de Galicia.
Etiquetas: Novas
Etiquetas: Lectura
A xeito de acta da xuntanza mantiva o mércores 12 de novembro, polo Presidente e a Vicepresidenta de AGABEL co Subdirector Xeral de Centros, D. Carlos Encisa.
Foi unha reunión nun ambiente distendido na que se falaron de todos os temas que nos preocupan aos docentes que estamos á fronte das nosas bibliotecas escolares e que dende AGABEL levamos reclamando dende hai anos.
Unha reunión que poderíamos dividir en dúas partes, na primeira comezamos solicitando mobiliario específico (continúa vendo posiblidades de incluilo no cat´çalogo da Consellería), reclamamos a necesidade urxente dunhas indicacións á inspección educativa e ás direccións dos centros no sentido de que as horas de adicación á nosa labor na biblioteca non dependa da “boa vontade” de ninguén. Recordamos a falta de asesores en algúns dos CFRs, a necesidade de aumentar o número de persoas da Asesoría, o recoñecemento do noso traballo á hora de concursos de tralados, cátedras, etc. Tamén salientamos a necesidade de que a administración de Galicia mellore os decretos que regulan os espazos mínimos das bibliotecas escolares (total para os poucos centros que se van construir no futuro…) En definitiva, reivindicamos todos e cada un dos apartados do ESCRITO que dende a nosa asociación se fixo chegar aos asistentes aos II Encontros de Bibliotecas Escolares.
Na segunda parte amosamos o noso “desencanto” polas esperanzas que tiñamos postas na labor que dende esta administración se faría en prol das Bibliotecas Escolares galegas, e que o único que vemos é unha continuación do que xa existía, xa que, e coa excepción das dúas convocatorias para a creación de clubes de lectura, non hai nada novo no noso “escuro” panorama das Bibliotecas Escolares. Neste sentido, solicitamos do Sr. Subdirector que nos facilitase unha entrevista coa conselleira de Educación, posto que a diferencia do anterior conselleiro nunca nos recibíu, para formularlle como veíamos nós a situación actual das bibliotecas escolares así demandar actuacións futuras e coñecer cales son os plans do actual equipo da consellería. Así mesmo comentámoslle que estabamos a solicitar entrevistas cos distintos grupos parlamentarios (neste caso para que introduzan as B. E. nos seus programas electorais) e co Consello Escolar de Galicia (e neste caso para que fagan un seguimento relacionado coas B.E. no o novo (¿) ROC).
Para rematar preguntámoslle pola súa impresión e a da Conselleria dos anteriormente mencionados encontros.
Que conclusións tiramos da xuntanza: nada novo. Poderase avanzar algo e a medio prazo no tema do mobiliario para novos centrose no recoñecemento administrativo.
Etiquetas: Reivindicacións, Xuntanzas
Nas últimas semanas os bibliotecarios-as están en pé de guerra coa Consejería de Educación. Máis información aquí.
Segundo nos informan desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares, a Consellería de Educación acaba de publicar a convocatoria de Clubs de Lectura. É unha magnífica oportunidade para darlle visibilidade ao traballo das Bibliotecas Escolares nos centros e nas nosas comunidades. Estade atentos e atentas ás datas da convocatoria.
Etiquetas: Convocatorias
O Ministerio convoca axudas sobre a lectura e as bibliotecas escolares
0 comentarios Publicado por Antonio MartínezEtiquetas: axudas, Convocatorias
Etiquetas: PLAMBE
A Universidade de Alcalá de Henares (UAH), o Instituto de Postgrado de Estudios Culturales e de Comunicación (IPECC) e a Fundación Germán Sánchez Ruipérez (FGSR) poñen en marcha, un ano máis, o Máster en Promoción da Lectura, un curso co que se pretende formar profesionais no deseño, dirección e xestión da promoción da lectura.
Más información en www.ipecc.net.
Etiquetas: Formación
A CORUÑA
ACTIVIDADE: Biblioteca escolar: os proxectos de traballo (Educación documental I)MODALIDADE: Curso. TEMPORALIZACIÓN: 1º trimestre
LUGO
ACTIVIDADE: Biblioteca escolar, espazo para a lectura -I MODALIDADE: Curso. TEMPORALIZACIÓN: 2º trimestre
ACTIVIDADE: Investigación documental na biblioteca escolar, a través das TIC (Educación documental -II) MODALIDADE: Curso. TEMPORALIZACIÓN: 1º trimestre
ACTIVIDADE: Proxectos Lectores. Biblioteca Escolar, espazo para a lectura - II. MODALIDADE: Curso. TEMPORALIZACIÓN: 2º trimestre
OURENSE
ACTIVIDADE: Biblioteca Escolar: os proxectos de traballo (Formación de Usuarios, nivel I)MODALIDADE: Curso. TEMPORALIZACIÓN: 15/10/2008 - 04/12/2008
ACTIVIDADE: Proxectos lectores en educación primaria. Biblioteca escolar, espazo para a lectura - IIMODALIDADE: Curso. TEMPORALIZACIÓN: 12/01/2009 - 06/02/2009
ACTIVIDADE: Proxectos Lectores. Biblioteca Escolar, espazo para a lectura - IIMODALIDADE: Curso. TEMPORALIZACIÓN: 12/01/2009 - 06/02/2009
PONTEVEDRA
ACTIVIDADE: Biblioteca escolar, centro de recursos da información - nivel I. MODALIDADE: Curso. TEMPORALIZACIÓN: 1º trimestre
ACTIVIDADE: Proxectos Lectores. Biblioteca Escolar, espazo para a lectura -II. MODALIDADE: Curso. TEMPORALIZACIÓN: 2º trimestre
VIGO
ACTIVIDADE: Biblioteca escolar: os proxectos de traballo (Educación documental I)MODALIDADE: Curso.TEMPORALIZACIÓN: 1º trimestre
SERVICIOS CENTRAIS
ACTIVIDADE: Bibliotecas escolares. Uso didáctico. MODALIDADE: Distancia. EMPORALIZACIÓN: 2º trimestre
ACTIVIDADE: Encontro dos centros do plan de mellora de bibliotecas escolares 2008 - 2009. MODALIDADE: Encontros. TEMPORALIZACIÓN: 2º trimestre
ACTIVIDADE: II Encontros de bibliotecas escolares de Galicia 2008. MODALIDADE: Encontros. TEMPORALIZACIÓN: 1º trimestre
Etiquetas: Formación