Benvidos e benvidas ao blogue de Agabel.
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra abrirá as súas portas entre o 2 e o 23 de
marzo. Esta é a XIV edición, e o tema é “A toda máquina”
O salón contará coma sempre con exposicións e obradoiros.
Os centros de ensino teñen a posibilidade de participar nas
visitas guiadas as exposicións de traballos plásticos, novidades editoriales, e
salas temáticas, algunhas delas decoradas polos alumnos de Belas Artes de
Pontevedra.
Etiquetas: Eventos
A Federación de Libreiros de Galicia convoca
o XXII Premios Irmandade do Libro, que conta coa modalidade Centros de Ensino.
Neste premio valoráranse as actividades relacionadas co fomento da lectura, e a
colaboración coas librerías do contorno durante o ano 2012.
O premio consistirá nunha figura de bronce,
deseño do artista Ismael López, e a entrega de premios celebrarase en Monforte
de Lemos o 20 de abril.
O prazo para a entrega dos traballos remata o
13 de marzo as 14.00 horas
Máis información:
Etiquetas: Premios
;;
Subscribe to:
Entradas (Atom)