A lectura para a aprendizaxe, a educación de competencias básicas como o "tratamento da información e competencia dixital", a presenza dos soportes audiovisuais e electrónicos, a imprescindible integración da cultura impresa e a cultura dixital, serán algúns dos contidos a tratar en maior profundidade.
Etiquetas: Biblioteca escolar, Eventos, Formación, PLAMBE
Pois ben o Ministerio de Educación acaba de publica un novo decreto (o 132/2010 no BOE do 12-III-2010) Cal é a nosa valoración?
A Educación Infantil continúa sen ter bibioteca (debe ser como ese alumnado non sabe ler… para que quere libros pensará o Ministerio…) Non comprenden nada.
Fálase de superficies mínimas pero todos sabemos que hai que ler máximas. Son as seguintes:
Educación Primaria: biblioteca de 45 metros
ESO e Bacharelato: 75 metros
Formación Profesional: Non se cita.
A destacar que desaparece, como acontecía ata agora, a posibilidade de que un centro comparta dous tramos educativos cunha biblioteca, de 90 metros.
Será necesario sembrar as superficies aconselladas pola IFLA?
1- 250 alumnos/as: 144 metros cadrados
250- 500 alumnos/as: 251 metros cadrados
Máis de 500 alumnos/as: 358 metros cadrados
No decreto introdúcese a seguinte novidade:
“Todos os espazos nos que se desenvolvan accións docentes, así como a biblioteca, contarán con acceso ás tecnoloxías da información e a comunicación en cantidade e calidade adecuadas ao número de postos escolares, garantindo a accesibilidade ás contornas dixitais do alumnado con capacidades diferentes”
Pero no decreto 2003 afirmábase que a biblioteca tiña que contibuir a “cumprir os obxectivos curriculares do centro e que dispoña de fondos bibliográficos e de dotación de equipos informáticos suficientes para axilizar a súa xestión e o fomento da lectura nos alumnos”. Agora xa non?
Reclamamos que Galicia, onde se van construir moi poucos novos centros educativos nos vindeiros anos, modifique e mellore as superficies mínimas aprobadas polo Ministerio e se contemple a necesidade da Biblioteca nos Centros de Educación Infantil. Nos centros de Formación Profesional tamén se deberá contar cunha Biblioteca dunha superficie axeitada.
Etiquetas: Biblioteca escolar, Lexislación, Reivindicacións
A Consellería de Cultura, que non a de Educación, acaba de facer público que o ano 2010 é declaro Ano do Libro e da Lectura.
Este é o texto da argumentación e os eidos nos que se pensa traballar.
"Programas de promoción do libro, fomento da lectura e a escrita, e mellora da xestión pública das bibliotecas.

Consciente do valor estratéxico do libro como instrumento para a expresión do dereito á creación, a promoción e a divulgación da cultura, da historia e da lingua de Galicia, o Consello da Xunta acordou declarar o próximo ano 2010 como Ano do Libro e da Lectura de Galicia, e invitar a todos os galegos a participar nos distintos actos que se realicen nesta celebración.
Procurouse a coincidencia do Xacobeo co Ano do Libro e da Lectura co obxecto de propiciar a complementariedade entre estas dúas celebracións. Sitúase así o libro, a nosa cultura e a nosa lingua, no marco dun acontecemento de enorme proxección exterior como é o Ano Santo.
No vindeiro ano, ademais de potenciar as accións que xa se veñen realizando a prol do libro e da animación á lectura, deseñouse unha programación variada concebida para conseguir unha maior visibilidade do libro e achegalo a toda a cidadanía.
Aínda aberta a novas iniciativas e cun orzamento previsto de 2.850.000 €, a programación inclúe proxectos de animación cultural, congresos e conmemoracións, actividades de promoción e difusión do libro, fomento da lectura e a escrita, así como
iniciativas para a mellora da xestión pública do libro e as bibliotecas.
1-ANIMACIÓN CULTURAL
Inicio e peche do Ano do Libro e da Lectura
Exposicións
2-CONGRESOS E CONMEMORACIÓNS
Encontros e congresos

Centenarios e outras homenaxes
Outras conmemoracións
3-PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DO LIBRO
Presenza en feiras do libro
Presenza do libro nos medios
4-FOMENTO DA LECTURA E DA ESCRITA
Animación á lectura
Fomento da escrita
Biblioteca galega de Bos Aires
5-XESTIÓN DO LIBRO E BIBLIOTECAS
Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura."
Etiquetas: Lectura
A Federación de Gremios de Editores de España vén de publicar o Informe de hábitos de lectura y compra de libros en 2009, un barómetro que mide os hábitos da poboación maior de 14 anos en relación cos libros e a lectura. Desde hai tres anos, este barómetro presta tamén atención á lectura entre a poboación máis nova, entre 10 e 13 anos. Cómprenos unha lectura detallada deste informe se queremos traballar por obxectivos, sabendo de onde partimos e qué aspectos deberíamos ter en conta como mediadores na formación dos novos lectores e lectoras. Algúns datos para a reflexión:
Os lectores frecuentes, entre a poboación maior de 14 anos son o 41,3% (len todos ou case todos os días, ou unha ou dúas veces por semana).
Os lectores frecuentes, entre 10 e 13 anos, son o 77,1%
O 55% da poboación maior de 14 anos declárase lectora (lectores frecuentes + lectores ocasionais, que len un libro ao mes ou ao trimestre)
Entre os rapaces e rapazas de 10/13 anos, a porcentaxe de lectores, sumando frecuentes e ocasionais, sube ao 91,2%
O 78,4% dos nenos lectores asegura que seus pais lles len na casa, e o 88% que lles mercaron ou agasallaron con libros no último ano.
O 97,2% dos nenos lectores afirmar que os seus profesores os animan a ler, e o 93,2% asegura que nos seus colexios se realizan actividades arredor da lectura e o libro, participando nelas o 94,1%.
Galicia sube 2,3 puntos con respecto ao ano 2008, na porcentaxe de poboación lectora (+ 14 anos), quedando no 54,9%, sendo o 39, 9% os lectores frecuentes.
En Galicia, o 45,1% dos maiores de 14 anos non le.
A lectura en galego representa o 0,5% do total. En Galicia, o 7,4% dos lectores le en galego de forma cotiá.
Novamente, chama a atención tamén, e debera levarnos á reflexión sobre as nosas prácticas de selección e visibilización de segundo qué libros, a relación de libros máis lidos, entre a poboación infantil e entre a poboación adulta. ¿Para esta viaxe, tantas alforxas????
Vía Hora de Ler.-
Etiquetas: Lectura
As actuacións específicas asociadas á mellora das bibliotecas escolares centraranse nos aspectos que se enumeran a continuación:
Mellora das dotacións das bibliotecas escolares, actualizándoas e adecuándoas aos ensinos que se imparten no centro e ás idades dos seus alumnos: libros, revistas, documentación en soporte informático e recursos de vídeo e audio.
Dotación de mobiliario e de material informático e multimedia, para adecuar as contornas de traballo e lectura, os medios para o almacenamento das coleccións e os sistemas de procura e acceso á documentación e ás necesidades que debe cubrir a biblioteca escolar.
Reforma das instalacións para adecualas mellor ao uso da biblioteca, incluíndo as adaptacións para dotar de conexión a Internet.
Adaptación das instalacións para que poidan ser utilizadas de modo independente ao resto do centro, fóra do horario lectivo.
Mellora da atención das bibliotecas escolares e, en particular, programas experimentais dirixidos á dotación específica de persoal para as bibliotecas escolares
Programas de formación de profesores sobre xestión documental e bibliotecaria e sobre aplicación da biblioteca escolar ao desenvolvemento do currículo.
Establecemento de redes de apoio ás bibliotecas escolares nos servizos centrais, territoriais ou locais ou reforzo das existentes.
Etiquetas: Biblioteca escolar, Lectura, Ministerio
Xa foi publicada a relación de centros que recibirán unha axuda económica para os seus clubs de lectura.
Parabéns a todos os centros.
Etiquetas: Convocatorias
"Estimado Director Xeral de Centros e Recursos Humanos:
Como ben lembrará, no pasado mes de xuño do 2009 a Vicepresidenta e o Presidente de AGABEL (Asociación Galega polas Bibliotecas Escolares e a Lectura) mantivemos con vostede unha cordial entrevista e na que acordáramos volver a vernos en torno a novembro dese mesmo ano. A presente comunicación é para solicitarlle outra entrevista co obxectivo de repasar os temas que foran formulados no pasado. A xeito de recordatorio eses temas eran:
-Normativa que regule a Biblioteca Escolar.
-Recoñecemento do labor realizado polas persoas responsables das Bibliotecas Escolares.
-Situación do Plan de Mellora para o vindeiro curso.
-Mellora do mobiliario paras Bibliotecas Escolares.
-Revisión das superficies mínimas para as bibliotecas de nova construción.
-Mellora da situación da Asesoría de Bibliotecas escolares.
-Plans de Consellería sobre Bibliotecas Escolares.
Agardando a súa resposta, reciba un cordial saúdo"
Etiquetas: Eventos

