O venres comeza o Mes Internacional da Biblioteca Escolar. Desde 2007, IASL (International Association of School Librarianship) estableceu o mes de outubro, substituíndo o día fixo, elección que deixou a cada cal. Non vexo este ano cartel anunciador, pero si temos lema: O desafío de atender á diversidade: Bibliotecas escolares para todos.
Non se se son tempos bos ou malos para a Biblioteca Escolar, talvez confórmome simplemente porque seguen na brecha (espero que non na brecha dixital aínda que mo temo). E así xorden cambios ou avances nas decisións de política educativa. Vexo, por exemplo, que Estremadura se estrea este ano con axudas variadas en tres liñas diferentes, incentivando os proxectos de lectura e os plans de uso da biblioteca escolar axudados por unha dotación económica que en ocasións promete ser cuantiosa. En Andalucía, non se renovou o Plan de Lectura y Biblioteca, que podemos dar por terminado, a pesar de ser o Plan máis recente, co que ten a marca de menor duración. No seu lugar xeneralizouse a figura do Responsable de Biblioteca Escolar, con recoñecemento horario reducido a través dunhas Instrucións para este curso. Os proxectos de lectura desapareceron en Andalucía en beneficio dos proxectos lingüísticos, denominación que se privilexia agora engadindo as funcións do proxecto lector ao curriculum integrado das linguas e a planificación lingüística.
Etiquetas: Celebracións
O pasado 9 de setembro pola tarde dúas persoas de AGABEL (o presidente e unha socia de Santiago) fomos recibidos polo Director Xeral de Educación. A entrevista fora solicitada meses atrás ante a preocupación que nos produciron os borradores de Regulamentos Orgánicos de Centros de Ensinanzas Especiais que se deran a coñecer e porque algúns dos temas que nos preocupan son da súa competencia e non da Dirección Xeral de Centros da que dependen directamente as bibliotecas Escolares.
A intención do Director Xeral é a de coñecer polo miúdo a situación actual das bibliotecas escolares galegas para logo poder tomar as decisión que se podan. Para iso pensa en crear un grupo de traballo con xente da Consellería e outros expertos. Insistiu nas dificultades existentes para gastar máis cartos.
Como vedes, non facemos valoracións da entrevista, tan só vos damos a información da mesma.
Agardaremos ata a primeira semana de outubro para ter un novo contacto con José L. Mira Lema.
Etiquetas: Reivindicacións, ROCs
Glória Durban Roca. La biblioteca escolar, hoy. Un recurso estratégico para el centro.Barcelona, Graó, 2010.
A autora, persoa con experiencia nas bibliotecas escolares, dinamizadora da importancia deste servizo educativo e de recoñecido prestixio, ven de publicar a súa primeira monografía. Na contraportada podemos ler:
"Este libro describe e argumenta os aspectos máis relevantes que na actualidade configuran a conceptualización da biblioteca escolar como un recurso educativo imprescindible para a promoción da cultura escrita e o desenvolvemento das competencias básicas. Nel abórdase unha visión clara e renovada da biblioteca escolar que pretende xustificar a súa existencia á luz non só dos cambios sociais que a cultura dixital provocou nos usos da información e as prácticas lectoras senón principalmente en relación coas necesidades xeradas no aula polo novo marco competencial".
Ademais o libro ofrece reflexións de calado. Lede o seguinte parágrafo:
"Es cierto que han sido muchos los que han considerado de manera idealista la biblioteca escolar como el motor de la escuela, generadora de cambios educativos; al igual que también otros –tecnólogos e informáticos- han conceptualizado del mismo modo la función de las nuevas tecnologías en su reciente implementación. Éstas son posiciones poco realistas y que llevan necesariamente al desánimo en la práctica, porque no visualizan que el verdadero cambio metodológico y la mejora real de la enseñanza pasa únicamente por la acción del profesorado, por su actitud y su profesionalidad." (pp. 8-9)
Con Glória tivemos a oportunidade de compartir varias xornadas tanto en Galicia como fóra. Témos admiración polo seu traballo e pola súa persoa, sempre disposta a colaborar, compartir e aprender. Se non a coñecedes visitade a páxina que pon á vosa disposición: Bescolar.
Etiquetas: Bibliografía, Biblioteca escolar
Nós aínda andamos na loita de demostrar que a biblioteca escolar é o tronco do centro educativo.
Novamente, unha lección que vén do norte: a importancia da cultura por riba de todo. O que nos cómpre no noso país.
Texto procedente de Trafegando Ronseis.
Etiquetas: Bibliotecas Públicas, Vídeo
Non sei se son bos tempos para as bibliotecas escolares, pero parece que polo menos incertos. O vídeo pretende dramatizar unha situación posible se os recortes orzamentarios chegasen a colapsar os servizos. Un vídeo coidado e curioso, onde vemos as funcións da biblioteca escolar en todas as súas dimensións, desde o estudo asistido ao simple entretemento ou ao uso da biblioteca escolar como lugar de refuxio para o que a usa certo alumnado. Unha panoplia de funcións que dificilmente figuran ás veces nas funcións tópicas e típicas dunha biblioteca escolar e que constitúen parte da súa grandeza.
Tradución do vídeo:
Bibliotecas sanguentas
“As bibliotecas son fundamentais para o logro do estudante. A colección apoia o currículo e proporciona unha rica variedade de recursos de lectura a todos os estudantes e profesores.
“Regras da Biblioteca. Faga algo produtivo. Permita que outras persoas sexan produtivas. Sexa respectuoso coas demais persoas e os seus bens”.
Os distritos escolares en todo Estados Unidos están pechando coleccións. O valor dos activos da colección dun distrito escolar extenso pode superar os 300 millóns de dólares. Unha biblioteca pechada sen un bibliotecario será desposuída dos seus recursos e acabará desaparecendo. A clausura de bibliotecas escolares será unha catástrofe educativa e un desastre financiero”.
Unha dramatización do que sucederá cando os recortes orzamentarios mal concibidos pechen as bibliotecas escolares.
Texto e vídeo procedente do Blog de Miguel Calvillo. Grazas
Etiquetas: Reivindicacións, Vídeo


