Benvidos e benvidas ao blogue de Agabel.
Aínda que con retraso, por causas alleas á organización, publicamos a acta de constitución da nova Xunta Directiva. Nestes tempos de incertidume hai que manter a ilusión e, sobre todo, ter claro que o único antídoto contra a invisibilidade é a unión. Ven a conto o fragmento de "Fantasmas de luz", de Agustín Fernández Paz: "... precisamos saber un dos outros, coñecérmonos todos os que estamos na mesma situación". Esta é a realidade que temos, e con ela temos que vivir, sexa como sexa, pero mellor cun punto de encontro. Pois ben, este é o novo comezo.
ACTA DA ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DA ASOCIACIÓN GALEGA
POLAS BIBLIOTECAS ESCOLARES E A LECTURA (AGABEL) DO 14 DE XUÑO DE 2012.
Sendo as 18.30 horas (en segunda convocatoria) na cidade de A Coruña
celebrouse a asemblea cun único punto na orde do dia:
1.-
Estudo e votación das candidaturas presentadas para a renovación da Directiva.
Os
presentes acordan manter a asociación cunha directiva formada por :
Susana
Seoane Dovigo (presidenta)
Carmen
Suárez López (vicepresidenta)
Maribel
Serantes Gómez (secretaria)
Emilio
Roca Puente (tesoureiro)
Isabel
Vázquez Rosales (vocal)
Covadonga
Rodríguez Argüelles (vocal)
A
Coruña, a 14 de xuño de 2012
Etiquetas: Asemblea
0 comentarios:
Subscribe to:
Enviar comentarios (Atom)