Benvidos e benvidas ao blogue de Agabel.
Os membros da directiva de AGABEL fan un repaso dos programas electorais dos partidos con representación parlamentaria actual (PP, PSOE e BNG), e revisan asimesmo os de UPyD, C x G e AGE, concluíndo
- Ningún dos partidos con representación parlamentaria actual en Galicia fai referencia directa ás bibliotecas escolares. Chama especialmente a atención, dado que os tres apoiaron o PLAMBE nos sucesivos gobernos. O recoñecemento obtido polas bibliotecas escolares galegas é salientable no estado español, toda vez que unha terceira parte dos premios outorgados ás “Boas prácticas” e convocados polo Ministerio de Educación veñen reacaendo nas bibliotecas escolares da nosa comunidade autónoma durante estes últimos anos.
- Nos programas do resto de opcións políticas revisadas tan só C x G fai mención ás bibliotecas escolares.Sen embargo, neste caso, refírese a impulsalas en “todos os centros sen excepción”, aspecto que consideramos máis que superado, xa que non se pode apoiar convenientemente aos centros que non teñen vontade, nen proxecto nen vontade de permanencia no traballo da biblioteca escolar. Menciona tamén o apoio ás bibliotecas a través de “persoal especializado”.
En ningún dos casos se refire á reivindicación máis antiga das bibliotecas escolares galegas, o recoñecemento da figura do bibliotecario escolar, coa súa correspondente liberación horaria, que debe quedar reflectida no ROC.
Agardamos que, goberne quen goberne a partires do día 22 de outubro saiban valorar a importancia que teñen na actualidade, e que deberían seguir tendo no futuro as bibliotecas escolares de Galicia como eixo dinamizador da vida do centro e factor fundamental para a innovación educativa e o desenvolvemento das competencias básicas, así como o traballo dos mestres, mestras e profesorado implicado nas bibliotecas escolares.
Etiquetas: Biblioteca escolar, Eleccións
0 comentarios:
Subscribe to:
Enviar comentarios (Atom)