As imaxes exemplifican a distribución de espazos nas novas bibliotecas, e algunhas das actividades que o alumnado realiza nelas día tras día.
Manifesto conxunto de protesta ante o borrador de Formación do Profesorado
0 comentarios Publicado por Antonio MartínezSabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?.
Etiquetas: Formación, Reivindicacións
Protesta ante o borrador da Orde de Formación do Profesorado
2 comentarios Publicado por Antonio MartínezCoñecido por vía sindical o borrador da orde para cubrir postos de asesores/as de formación do profesorado, a Asociación Galega polas Bibliotecas Escolares e a Lectura (AGABEL) quérelle manifestar o seguinte:
1º Desde hai once anos, a situación das Bibliotecas Escolares galegas foi, paseniñamente, mellorando. Doues exemplos poden ser a creación da Asesoría nos servizos centrais ou o desenvolvemento do Plan de Mellora.
2º Hai un recoñecemento no Estado á situación actual das Bibliotecas Escolares de Galicia tal e como demostra a cantidade dos premios do Ministerio recoñecendo as boas prácticas que se desenvolven nelas e das que a Consellería presume na súa páxina web.
3º Como vostede ben coñece son aínda moitas as nosas reivindicacións para acadar que as Bibliotecas Escolares ofrezan un servizo de calidade nos nosos centros educativos.
4º Desde que o actual equipo da Consellería está exercendo as súas competencias, o número de asesorías de Bibliotecas Escolares nos distintos Centros de Formación vai diminuíndo.
5º Non hai ningún outro ámbito da docencia que demande tanta formación como as Bibliotecas Escolares, como vostede ben puido comprobar nos distintos Encontros ou Xornadas ás que xa tivo a oportunidade de asistir.
6º Con este borrador dáse o primeiro gran paso atrás nas Bibliotecas Escolares desde que o conselleiro Celso Currás nos recibira por primeira vez hai xa máis de dez anos.
8º Urxímoslle a que faga todo o posible para incluír tanto no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación, como en todos os Centros de Formación e Recursos, unha praza de Bibliotecas Escolares.
É este o recoñecemento que se da ás bibliotecas escolares para que sexa un dos factores que favorezan a calidade do ensino que menciona a LOE no seu artigo 2.2?
Por último, nos preguntamos onde quedaron o espazo e a consideración que o Conselleiro de Educación daba ás bibliotecas hai algo mais dun ano na súa comparecencia no Parlamento de Galicia para explicar a situación actual das Bibliotecas Escolares e a presentación do plan LIA (Lectura, Información e Aprendizaxe).
Etiquetas: Protesta
O pasado 18 de maio, tras un aprazamento non imputable á Consellería, o Presidente de AGABEL e unha socia, estivemos charlando durante unha media hora co Director Xeral. Coma na xuntanza anterior, a reunión desenvolveuse nun ambiente cordial e sincero. Foi máis breve e rápida ca anterior.
Repasamos as nosas reivindicacións como colectivo (coñéceas perfectamente) e afondamos en temas de actualidade:
-Situación dos Regulamentos Orgánicos de Centros: xa foron publicados dous decretos: no primeiro a biblioteca practicamente non existe (o xa citado Decreto 223/2010, do 30 de decembro ) e no segundo (DECRETO 77/2011, do 7 de abril, polo que se establece o Regulamento orgánico dos centros integrados de formación profesional) aparece dun xeito mellor que no borrador mais sen garantir a formación do seu responsable e sen garantir un tempo mínimo de dedicación. Sobre os regulamentos de Infantil, Primaria e Secundaria comentounos que se está a espera da aprobación da Lei de Convivencia para desenvolvela (non obtivemos ningún compromiso)
-Tamén nos comenta que no desenvolvemento dos anunciados Contratos-programas haberá un apartado específico para a lectura.
-Sobre as asesorías de bibliotecas escolares nos CFR, contounos que axiña será publicada a normativa que desenvolverá o novo decreto de formación (DECRETO 74/2011, do 14 de abril). Ante a nosa insistencia, volverá estudar a posible presenza dunha asesoría no novo centro de formación Centro Autonómico de Formación e Innovación xa que ata ese día tal asesoría especifica de bibliotecas escolares non estaba contemplada.
-Sobre introducir mobiliario axeitado para bibliotecas escolares no catálogo de equipamento da Consellería, pediunos que lle remitíramos algún estudo técnico ao respecto e que tramitaríao á Secretaría Xeral da Consellería.
A valoración persoal desta xuntanza farémola na vindeira asemblea da asociación.
Etiquetas: Reivindicacións, ROCs
Etiquetas: Vídeo
Etiquetas: Vídeo
Etiquetas: Recursos
Solicitude entrevista ante a publicación do ROc dos conservatorios
0 comentarios Publicado por Antonio MartínezO pasado 9 de setembro dous membros de AGABEL (Asociación Galega polas Bibliotecas Escolares e a Lectura) mantivemos con vostede unha entrevista na que lle manifestáramos a nosa preocupación polos borradores que íamos coñecendo dos regulamentos orgánicos de centros.
Agora vemos con preocupación que no DOG do pasado 19 de xaneiro publicouse o Decreto 223/2010, do 30 de decembro, polo que se establece o Regulamento orgánico dos conservatorios elementais e profesionais de música e de danza. En canto afecta ás bibliotecas destes centros educativos non houbo ningunha modificación entre o borrador e o decreto, motivo polo cal maniféstolle, en nome de AGABEL, en primeiro lugar a miña decepción, na medida que coñecendo a opinión da Asociación que presido non se fixo caso a ningunha das súas propostas, e ,en segundo lugar, a grave preocupación polos regulamentos orgánicos de centros que aínda restan por ser aprobados ante o temor que se aproben tal e como figuraban nos borradores.
Quixera, igualmente, lembralle que na entrevista do 9 de setembro quedáramos citados para nun prazo dun mes volver a ter algún contacto, motivo polo cal reitérolle, como xa fixera previamente por liña telefónica, a petición de manter con vostede algún tipo de comunicación (en persoa ou telefonicamente).
Sen outro particular, reciba un cordial saúdo.
27 de xaneiro de 2011
Etiquetas: Reivindicacións, ROCs
10 RAZÕES QUE COLOCAM AS BIBLIOTECAS ESCOLARES NA LINHA DA FRENTE
0 comentarios Publicado por Antonio Martínez
ACREDITO que estas são as 10 RAZÕES que colocam as BIBLIOTECAS ESCOLARES na LINHA da FRENTE:
* são INDISPENSÁVEIS para DESENVOLVER o ESPÍRITO CRÍTICO na SI
* tornam as ESCOLAS MELHORES
* contribuem para o SUCESSO ESCOLAR
* aumentam a CULTURA dos ALUNOS
* tornam os ALUNOS mais COMPETENTES em LITERACIAS várias
* promovem a LEITURA
* são espaços de INOVAÇÃO
* colocam as NOVAS TECNOLOGIAS ao ALCANCE de TODOS
* estão na LINHA da FRENTE na DIFUSÃO de INFORMAÇÃO
* fomentam PARCERIAS, REDES e TRABALHO ARTICULADO DENTRO e FORA da ESCOLA
Sabemos que as medidas governativas, na área das educação, vão agravar, significativamente, as condições de funcionamento das escolas e, em especial, vão tornar o trabalho dos professores bibliotecários bastante difícil e esta circusntância tem que ser enfrentada com a determinação de não penalizar (ainda mais) os alunos (já com situações familiares complicadas), mobilizando-se o capital de recursos e conhecimentos acumulados para garantir os 10 princípios atrás enunciados.
Copiado de Bibliotecar.
Etiquetas: Biblioteca escolar