Benvidos e benvidas ao blogue de Agabel.
ACTA DA ASEMBLEA ANUAL ORDINARIA DA ASOCIACIÓN GALEGA
POLAS BIBLIOTECAS ESCOLARES E A LECTURA (AGABEL) DO 12 DE MAIO DE 2012.
Sendo as 11,00
horas (en segunda convocatoria) e en Santiago de Compostela celebrouse a
asemblea coa seguinte Orde do Día:
1.- Lectura e
aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2.- Informe do
estado de contas.
3.-
Informe de actividades desenvolvidas.
5.-
Renovación da xunta directiva: presentación e votación das candidaturas
presentadas.
7.-
Rogos e preguntas.
1.- Tras a lectura da
acta da asemblea
anterior, foi aprobada.
2.- Informe do estado de contas
Ingresos por cotas: 2.007 euros
Gastos: 796,56 euros
Saldo
a 1-V-2012: 5.634,30 euros
Aprobouse o
estado de contas.
3.- Informe de
actividades desenvolvidas.
-Redactouse
unha proposta sobre os borradores de ROCs das Escolas de Idiomas e dos
Conservatorios de Música e Danza. En abril 2010 foi enviado a CIG, CCOO,
FETE-UGT e á Consellería de Educación.
-Celebración
do décimo aniversario da asociación.
-Nos
Encontros do PLAMBE, 16-IV-2010 foron repartidos trípticos, fotocopias e
bolígrafos.
-Entrevista
con J. L. Mira Lema. Director Xeral de Educación.
-30-X-10
Publicación dunha entrevista en Galicia Hoxe
Mantemento
do blog.
-Xaneiro
2011: solicítase entrevista con J. L. Mira Lema. Director Xeral de Educación pola publicación dun ROC.
-18-V-11:
Entrevista con J. L. Mira Lema. Director Xeral de Educación.
-De
cada entrevista enviouse a cada socio/a o seu informe correspondente.
-Finais
de maio 2011: protesta polo borrador da orde de formación sen asesorías de BE,
enviando faxes ao Conselleiro e aos dous directores xerais.
-En
marzo de 2011 o presidente comunica a súa dimisión aos outros membros da
directiva. Como non se conta coa existencia de ningunha candidatura alternativa
á Directiva, o presidente decide non convocar a
asemblea anual nin pasar ao cobro os recibos do 2011.
5.- Renovación da xunta
directiva: presentación e votación das candidaturas presentadas.
Como
non hai candidaturas presentadas, o presidente propón:
-Convocatoria
dunha asemblea extraordinaria para tratar de acadar a presentación dunha
candidatura, en varias semanas e na Coruña.
-En
caso de non presentarse ningunha candidatura, celebrar, inmediatamente outra
asemblea extraordinaria para proceder á disolución da asociación, tal e como
recollen os nosos estatutos, que ao respecto din:
“Art. 35
A Asociación poderase
disolver :
a)
Por vontade das/dos
asociadas/asociados, expresada mediante acordo da Asemblea Xeral.
…
O acordo de disolución adoptarase pola Asemblea Xeral, convocada ao efecto, por
maioría de 2/3 das/dos asociadas/asociados.
Art. 36
No caso de disolverse a
Asociación, a Asemblea Xeral que acorde a disolución nomeará unha comisión
liquidadora, composta por cinco membros da xunta directiva, que se fará cargo
dos fondos que existan, para que, unha vez satisfeitas as obrigas, o remanente,
se o houbese, sexa entregado a calquera entidade legalmente constituída con
enderezo nesta provincia ou a unha comunidade que se dedique a iguais ou, no
seu defecto, análogos fins aos desta Asociación.”
7.-
Rogos e preguntas.
Non
habendo nin rogos nin preguntas, rematouse a asemblea ás 12,30 horas.
Etiquetas: Asemblea
0 comentarios:
Subscribe to:
Enviar comentarios (Atom)