Benvidos e benvidas ao blogue de Agabel.




Presentación da Guía para bibliotecas escolares

Guía para bibliotecas escolares, manual coordinado polos profesores da Universidade da Coruña, Pedro López Gómez e José Carlos Santos Paz, e publicado conxuntamente pola Universidade da Coruña e a Consellería de Traballo-Fondo Social Europeo, neste ano 2009.

O acto terá lugar no Salón de Graos. Facultade de Humanidades. R/ Doutor Cabrera s/n. Ferrol, o xoves, 18 de xuño de 2009 ás 19horas.

Intervirán: Fernando González, Director do Servizo de Publicacións da UDC, Pedro López, Co-director do Máster de Bibliotecas Escolares da UDC, Antonio Martínez, Presidente de AGABEL, a profesora da UDC Carmen Pérez Pais, e a profesora de ensino secundario Mª Dores Lago Iglesias, colaboradoras, entre outros autores, do manual.

Este libro inclúe os resumos das principais achegas realizadas polos profesores do I Master en Bibliotecas Escolares da Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña (2007-2008). Cobren os principais temas que se refiren ao universo da biblioteca escolar nos seus distintos niveis. Aspectos conceptuais, políticos e legais; cuestións teóricas e prácticas sobre a organización e instalación dos materiais, con especial referencia aos libros e documentos audiovisuais e electrónicos de carácter infantil e xuvenil; o proceso técnico dos materiais, a obtención e uso máis adecuado da información; os servizos que se poden prestar aos usuarios, e a formación deses usuarios para que utilicen e rendibilicen os materiais e as informacións á súa disposición; e a dinamización da biblioteca, concibida como un instrumento transversal da educación e a formación da comunidade escolar.

3 comentarios:

pero cándo??? a min faríame ilusión ir. un abrazo, Sira.

15/6/09 09:23  

Xoves 18, ás 19 H na túa facultade. Probablemente e para a semana fagamos outra presentación na Coruña.

15/6/09 09:59  

se avisades tamén da de Coruña, case que me apunto á de máis pretiño!!! grazas e sorte por Ferrol, Sira.

15/6/09 14:41  

Publicar un comentario

Agabel - Designer: Douglas Bowman | Dimodifikasi oleh Abdul Munir Original Posting Rounders 3 Column