Benvidos e benvidas ao blogue de Agabel.




Entrevista na Consellería

O pasado xoves, 18 de xuño, a Vicepresidenta da Asociación Galega polas Bibliotecas Escolares e a Lectura (AGABEL), Loly Lago e o Presidente, Antonio Martínez, fumos recibidos polo novo Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal Rodríguez. A entrevista, que fora solicitada pola asociación semanas atrás, desenvolveuse nun ton cordial e de proximidade, debido, probablemente, a que o novo Director Xeral procede da dirección dun centro e que polo tanto coñece a realidade (posibilidades e problemas) das Bibliotecas Escolares.

Durante a hora que durou a entrevista abordamos unha serie de temas que, dun xeito moi resumido, foron:
-Necesidade dunha Orde que regule o modelo da Biblioteca escolar.
-Modificación dos Regulamentos Orgánicos de Centros para que a persoa responsable da Biblioteca conte coa dedicación horaria suficiente e se cree o Departamento da Biblioteca Escolar.
-Garantir a extensión e a continuidade do PLAMBE.
-Adquisición de mobiliario específico de bibliotecas.
-Modificar as superficies mínimas para as bibliotecas recollidas nos decretos de superficies dos centros.
-Recoñecemento administrativo do traballo desenvolvido nas Bibliotecas Escolares.
-Extensión das Asesorías de Bibliotecas Escolares a todos os CFR.
-Aumento de persoal e da súa capacidade de decisión da Asesoría de Bibliotecas escolares da Subdirección Xeral de Centros.

Ningunha das cuestións formuladas pareceulle carente de sentido ao Director Xeral.
Concretamos unha nova entrevista para novembro para estudar como evolucionan os temas formulados.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Agabel - Designer: Douglas Bowman | Dimodifikasi oleh Abdul Munir Original Posting Rounders 3 Column