Benvidos e benvidas ao blogue de Agabel.




Comunicación enviada a José Luis Mira, Director Xeral de Educación, F.P. e I.E.
Estimado Director Xeral:

O pasado 9 de setembro dous membros de AGABEL (Asociación Galega polas Bibliotecas Escolares e a Lectura) mantivemos con vostede unha entrevista na que lle manifestáramos a nosa preocupación polos borradores que íamos coñecendo dos regulamentos orgánicos de centros.
Agora vemos con preocupación que no DOG do pasado 19 de xaneiro publicouse o
Decreto 223/2010, do 30 de decembro, polo que se establece o Regulamento orgánico dos conservatorios elementais e profesionais de música e de danza. En canto afecta ás bibliotecas destes centros educativos non houbo ningunha modificación entre o borrador e o decreto, motivo polo cal maniféstolle, en nome de AGABEL, en primeiro lugar a miña decepción, na medida que coñecendo a opinión da Asociación que presido non se fixo caso a ningunha das súas propostas, e ,en segundo lugar, a grave preocupación polos regulamentos orgánicos de centros que aínda restan por ser aprobados ante o temor que se aproben tal e como figuraban nos borradores.
Quixera, igualmente, lembralle que na entrevista do 9 de setembro quedáramos citados para nun prazo dun mes volver a ter algún contacto, motivo polo cal reitérolle, como xa fixera previamente por liña telefónica, a petición de manter con vostede algún tipo de comunicación (en persoa ou telefonicamente).

Sen outro particular, reciba un cordial saúdo.
27 de xaneiro de 2011

0 comentarios:

Publicar un comentario

Agabel - Designer: Douglas Bowman | Dimodifikasi oleh Abdul Munir Original Posting Rounders 3 Column