Benvidos e benvidas ao blogue de Agabel.




Respecto das bibliotecas escolares, a LOE establece que:

Art. 2.2.
Los poderes públicos prestarán una atención prioritaria al conjunto de factores que favorecen la calidad de la enseñanza y, en especial, la cualificación y formación del profesorado, su trabajo en equipo, la dotación de recursos educativos, la investigación, la experimentación y la renovación educativa, el fomento de la lectura y el uso de bibliotecas, la autonomía pedagógica, organizativa y de gestión, la función directiva, la orientación educativa y profesional, la inspección educativa y la evaluación.

Art. 113. Bibliotecas escolares.
1. Los centros de enseñanza dispondrán de una biblioteca escolar.
2. Las Administraciones educativas completarán la dotación de las bibliotecas de los centros públicos de permita alcanzar dicho objetivo dentro del periodo de implantación de la presente Ley.
3. Las bibliotecas escolares contribuirán a fomentar la lectura y a que el alumno acceda a la información y otros recursos para el aprendizaje de las demás áreas y materias y pueda formarse en el uso crítico de los mismos.
4. La organización de las bibliotecas escolares deberá permitir que funcionen como un espacio abierto a la comunidad educativa de los centros respectivos.
5. Los centros podrán llegar a acuerdos con los municipios respectivos, para el uso de bibliotecas municipales con las finalidades previstas en este artículo.

Fronte a isto, no borrador do Regulamento Orgánico dos centros integrados de formación profesional da comunidade autónoma galega as bibliotecas só destacan pola súa ausencia: tan só se menciona nos artigos 28.2.i e 38.i no marco das funcións do departamento de dinamización de idiomas e do/a coordinador/a de TIC’s respectivamente.

Tampouco parece que a ausencia da biblioteca na estrutura organizativa do centro responda a obxectivos relacionados coa optimización dos recursos humanos e co aforro en canto á creación de cargos que conlevan un complemento económico, xa que no organigrama establecido neste borrador hai un departamento por cada familia profesional, 6 departamentos de diversas competencias, un equipo de dinamización da lingua galega e unha comisión de seguridade e saúde laboral. En definitiva, créanse como mínimo 9 departamentos/comisións (pode haber máis en función do número de familias profesionais) independentemente das características en canto a número de alumnado, dispersión de familias profesionais… e ningunha delas está dedicada especificamente á xestión e dinamización da biblioteca. Pola contra, as funcións específicas da biblioteca asígnanse ao departamento de dinamización de idiomas: “Xestionar, dinamizar e manter a biblioteca do centro integrado, promovéndoa como un espazo común, de acordo co coordinador ou a coordinadora de tecnoloxía da información e a comunicación” (art. 28.2.i) ¿Coherencia organizativa?

Créanse tamén varias figuras de coordinación (emprendemento, programas europeos, TIC, innovación e formación do profesorado) pero ningunha ten como área específica de traballo a biblioteca. Ao sumo a coordinación deTIC ten como función “Promover a biblioteca como un espazo común, de uso e intercambio de experiencias das tecnoloxías da información e da comunicación” (art. 38.i).

A biblioteca queda por tanto perdida nunha maraña de departamentos e coordinacións. A súa xestión, dinamización e mantemento está a cargo do departamento de dinamización de idiomas, que á súa vez depende organicamente da xefatura da área de formación, e colabora co/a coordinador/a de TICs, que depende organicamente da xefatura da área de calidade, innovación e orientación profesional, para promoción da biblioteca como espazo de uso e intercambio de experiencias das TIC.

Postas así as cousas cabe preguntar quen vai facer realmente o traballo da biblioteca: seleccionar e adquirir os fondos, catalogalos, organizalos, difundilos, promover os procesos de aprendizaxe relacionados coa busca de información… ¿É este o recoñecemento que se da ás bibliotecas escolares para que sexa un dos factores que favorecen a calidade de ensinanza que menciona a LOE no seu artigo 2.2?

0 comentarios:

Publicar un comentario

Agabel - Designer: Douglas Bowman | Dimodifikasi oleh Abdul Munir Original Posting Rounders 3 Column