Benvidos e benvidas ao blogue de Agabel.




Vén de publicarse a obra de bibliografía seleccionada "Coneixements: lectures recomanades per a una biblioteca escolar d’educació secundària obligatòria".
Está producida dentro do marco de colaboración entre o Departament de Cultura i Mitjans de Comunicació e o Departament d’Educació da Generalitat de Catalunya e publicada pola Subdirecció General de Biblioteques.

A bibliografía seleccionada integra unha serie de recursos para reforzar os itinerarios docentes a través de tres tipoloxías de documentos complementarios entre si: libros, publicacións periódicas e, especialmente, recursos electrónicos.

A publicación é accesible en papel e en formato electrónico.


Os vindeiros 23-24 de outubro, en Santiago de Compostela (Palacio de Congresos), nova cita para as profesoras e profesores que andan a erguer pequenas utopías polo país adiante: as Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia - 2009.


Nesta ocasión o tema central das xornadas será "NOVAS LECTURAS, NOVOS LECTORES". Falar de lectura no contexto educativo, hoxe en día, é falar das "novas formas de ler", os novos ou non tan novos soportes, os cambios sociais e tecnolóxicos que indefectiblemente forzan, tamén, a introducir e asentar cambios metodolóxicos e de enfoque nas prácticas de lectura e escritura nos centros.


Daniel Cassany, Glória Durban, Tíscar Lara, Guadalupe Jover, Luis Iza, e representantes de centros de ensino de Galicia que están a desenvolver Proxectos lectores de interese, conforman o programa dunha actividade anual que prevé reunir a 1.200 participantes de toda Galicia, todos eles profesores en activo.


Texto e ilustración vía Bibliotecas escolares de Galicia.

Grazas aos blog A biblioteca do cole e No sólo libros poidemos rastrear a nova de que todos os centros educativos de Portugal contarán cun docente-bibliotecario a tempo completo nas súas bibliotecas escolares.

Así o conta a
Rede de Bibliotecas Escolares:
"A partir do ano lectivo de 2009-2010 a organização e gestão das bibliotecas escolares estará a cargo de professores bibliotecários a tempo inteiro que devem desenvolver estatégias e políticas que garantam a rentabilização de recursos e investimentos e a(s) coloquem ao serviço da escola, do processo formativo e das aprendizagens dos alunos."

A evolución deste programa educativo é comentada en A información:
"Há 13 anos, eram poucas as escolas com biblioteca no país: havia apenas 164 bibliotecas na Rede de Bibliotecas Escolares. Em 2009, os 2.º e 3.º ciclos estão totalmente cobertos, o secundário está acima dos 90 por cento e só o 1.º ciclo continua com um défice de bibliotecas, com cerca de 40 por cento de cobertura. Actualmente, são 900 no 1.º ciclo e 1163 nos ciclos seguintes. Cerca de um milhão de alunos tem acesso a bibliotecas escolares.O mérito, diz um novo estudo de António Firmino da Costa, do Centro de Investigação e Estudos de Sociologia do Instituto Superior de Ciências do Trabalho e da Empresa (ISCTE), deve-se muito à "coordenadora com elevada capacidade de liderança" e a "um corpo técnico relativamente reduzido, mas muito competente e motivado". A coordenadora é Maria Teresa Calçada, que está à frente do projecto desde o início.Segundo o estudo, o objectivo nuclear do programa foi "largamente atingido", ou seja, dotar o país de uma rede de bibliotecas escolares. Este objectivo tem tido impactos "relevantes" na promoção da leitura e também na criação de bibliotecas modernas que, além dos livros, oferecem novos meios de literacia como os audiovisuais, informática e de informação. Em 13 anos, foram investidos 40 milhões de euros na qualificação, remodelação e apetrechamento de bibliotecas escolares. Houve também investimento indirecto, "igualmente importante", por parte do Ministério da Educação e apoios de bibliotecas públicas e autarquias.Os desafios que se propõe para o futuro são ampliar, diversificar e actualizar os fundos documentais e continuar a renovar instalações e equipamentos, sobretudo com novas tecnologias. O estudo propõe ainda o alargamento da formação de professores bibliotecários, bem como de outros profissionais das equipas das bibliotecas."





Fáltanos moito en Galicia para estar coma en Portugal?

Días atrás non foi cuberta a asesoría de Bibliotecas Escolares do Centro de Formación e Recursos da Coruña. Non imos falar aquí da valía e profesionalidade da persoa que ata este curso tivo a responsabilidade de desenvolver ese traballo cando, ademais, esa persoa é socia, desde os inicios, desta asociación.
O presidente de AGABEL xa ten enviado un escrito de protesta á dirección xeral correspondente reclamando que se corrixa ese erro que supón que nos CFRs da provincia da Coruña non exista ningunha asesoría de Bibliotecas Escolares. Un paso atrás. Será o primeiro?

Entrevista na Consellería

O pasado xoves, 18 de xuño, a Vicepresidenta da Asociación Galega polas Bibliotecas Escolares e a Lectura (AGABEL), Loly Lago e o Presidente, Antonio Martínez, fumos recibidos polo novo Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal Rodríguez. A entrevista, que fora solicitada pola asociación semanas atrás, desenvolveuse nun ton cordial e de proximidade, debido, probablemente, a que o novo Director Xeral procede da dirección dun centro e que polo tanto coñece a realidade (posibilidades e problemas) das Bibliotecas Escolares.

Durante a hora que durou a entrevista abordamos unha serie de temas que, dun xeito moi resumido, foron:
-Necesidade dunha Orde que regule o modelo da Biblioteca escolar.
-Modificación dos Regulamentos Orgánicos de Centros para que a persoa responsable da Biblioteca conte coa dedicación horaria suficiente e se cree o Departamento da Biblioteca Escolar.
-Garantir a extensión e a continuidade do PLAMBE.
-Adquisición de mobiliario específico de bibliotecas.
-Modificar as superficies mínimas para as bibliotecas recollidas nos decretos de superficies dos centros.
-Recoñecemento administrativo do traballo desenvolvido nas Bibliotecas Escolares.
-Extensión das Asesorías de Bibliotecas Escolares a todos os CFR.
-Aumento de persoal e da súa capacidade de decisión da Asesoría de Bibliotecas escolares da Subdirección Xeral de Centros.

Ningunha das cuestións formuladas pareceulle carente de sentido ao Director Xeral.
Concretamos unha nova entrevista para novembro para estudar como evolucionan os temas formulados.

Guía para bibliotecas escolares, manual coordinado polos profesores da Universidade da Coruña, Pedro López Gómez e José Carlos Santos Paz, e publicado conxuntamente pola Universidade da Coruña e a Consellería de Traballo-Fondo Social Europeo, neste ano 2009.

O acto terá lugar no Salón de Graos. Facultade de Humanidades. R/ Doutor Cabrera s/n. Ferrol, o xoves, 18 de xuño de 2009 ás 19horas.

Intervirán: Fernando González, Director do Servizo de Publicacións da UDC, Pedro López, Co-director do Máster de Bibliotecas Escolares da UDC, Antonio Martínez, Presidente de AGABEL, a profesora da UDC Carmen Pérez Pais, e a profesora de ensino secundario Mª Dores Lago Iglesias, colaboradoras, entre outros autores, do manual.

Este libro inclúe os resumos das principais achegas realizadas polos profesores do I Master en Bibliotecas Escolares da Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña (2007-2008). Cobren os principais temas que se refiren ao universo da biblioteca escolar nos seus distintos niveis. Aspectos conceptuais, políticos e legais; cuestións teóricas e prácticas sobre a organización e instalación dos materiais, con especial referencia aos libros e documentos audiovisuais e electrónicos de carácter infantil e xuvenil; o proceso técnico dos materiais, a obtención e uso máis adecuado da información; os servizos que se poden prestar aos usuarios, e a formación deses usuarios para que utilicen e rendibilicen os materiais e as informacións á súa disposición; e a dinamización da biblioteca, concibida como un instrumento transversal da educación e a formación da comunidade escolar.

Guía para bibliotecas escolares

Deixamos constancia da aparición dun novo recurso. Varios dos autores/as son membros da asociación.



Pedro López Gómez e José Carlos Santos Paz (eds.). Guía para biblioteca escolares. A Coruña, Universidade da Coruña, 2009.

Autores e títulos dos capítulos:

Guillermo Castán. “Concepto, objetivos y funciones de la biblioteca escolar”.
Isabel Blanco e Antonio Martínez. “Instalaciones, equipos y mobiliario de la biblioteca escolar”
Cristina Ameijeiras. “Criterios y recursos para la formación de una colección de una biblioteca escolar”.
Isabel Pemán. “O proceso técnico”.
Carmen Pérez. “Fuentes de información: claves para una primera aproximación”.
Concha Varela e Rocío Ameneiros. “Servicios bibliotecarios”.
Carmen Loriga. Formación de usuarios na biblioteca escolar”.
Aurora Cuevas. “Alfabetización en información”.
Elena pernas. Animación a la lectura y promoción lectora”.
Elena Alfada. ”Literatura infantil y juvenil: tendencias, personajes y colecciones”.
Luisa Mora. “Libros documentales y de información para niños y jóvenes. El uso de otro documentos (informativos) en la biblioteca escolar del siglo XXI...”.
Loly lago. “Las Bibliotecas Escolares en la Sociedad de la Información”.
Antonio Martínez. “Proxecto de biblioteca escolar”.

A socia Cristina Ameijeiras envíainos a seguinte información para a súa difusión.


"Huesca acoge un postgrado especializado en lectura

Ayer se presentó el Postgrado en Lectura, Libros y Lectores Infantiles y Juveniles, un nuevo título propio de la Universidad de Zaragoza dirigido a profesionales del sector del libro y la cultura, educadores y titulados universitarios, durante la celebración de la Feria del Libro de Huesca. Este título, uno de los pioneros de la universidad española, responde a la necesidad de formación que genera la eclosión del libro infantil y juvenil, una de las áreas más sólidas en el mercado editorial. El postgrado tendrá carácter semipresencial y prácticas externas en empresas y centros colaboradores"
Vía Mastermas.

Asemblea Anual Ordinaria

O vindeiro sábado, 6 de xuño, ás 10,45 horas en primeira convocatoria e 11,00 horas en segunda, celebrarase a Asemblea Anual Ordinaria da Asociación Galega polas Bibliotecas Escolares e a Lectura, no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela) coa seguinte

ORDE DO DÍA

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2.- Informe do estado de contas polo señor tesoreiro.
3.- Informe de acctividades desenvolvidas.
4.- Liñas de actuación e traballos.
5.- Rogos e preguntas.

Antonio Martínez García
Presidente

Solicitude de entrevistas

No día de hoxe foron solicitadas entrevistas co Señor Conselleiro de Educación e co señor Director Xeral de Centros e Recursos Humanos para avaliar a situación actual das bibliotecas escolares e a lectura nos centros educativos, coñecer as súas futuras actuacións e presentar as nosas demandas.

Programa electoral do Partido Popular

Celebradas as elecciónsautonómica, cómpre repasar o programa electoral do Partido Popular, relativos ás bibliotecas escolares e á lectura.
En Educación:
-A mala xestión impedíu mellorar no Plan de Mellora de Bibliotecas escolares.
-Impulsaremos a apertura das bibliotecas escolares fora do horario lectivo, especialmente nas localidades e barrios onde non exista biblioteca municipal.

En Cultura:
–Declarar o ano 2010 como Ano da Lectura en Galicia, co obxectivo de que todas a Administracións galegas e o sector do libro, os representantes editoriais e os axentes implicados no fomento da lectura, mobilícense a favor do fomento da lectura. Para esta campaña darán axudas específicas as Consellerías de Educación e de Cultura.
–Crear un Fondo Social con axudas da Xunta e doutras entidades para realizar todos os anos unha convocatoria pública dirixida a subvencionar a adquisición de libros de lectura e dinamizar o sector do libro.–Realizar campañas para potenciar actividades culturais e de fomento de lectura apoiándose nas 600 librarías e nas 45 editoriais galegas. A radio e a televisión galegas, dentro dos seus espazos de publicidade, reducirá as tarifas de promoción do libro galego.
–Establecer nos presupostos anuais da Xunta partidas para compra de libros destinados á actualización das bibliotecas e tamén das bibliotecas escolares. Unha parte destes libros serán libros editados en Galicia e libros en galego.
–Nos programas presupostarios da Xunta figurará un programa presupostario específico no que figuren as partidas destinadas ao sector do libro.
–O PPdeG garantirá que en todas as cidades de máis de 75.000 habitante existirá unha biblioteca estatal; que todas as cidades e vilas de máis de 50.000 habitantes conten con bibliotecas municipais xestionadas ou sostidas pola Xunta de Galicia. Mellorarase e impulsarase o servizo das bibliotecas nodais, con ampliación de horario e medios, especialmente persoais.
–Favorecer o papel das librarías como puntos especializados de venda de libro, así como de axentes culturais activos, indispensables para que a industria do libro manteña a gran pluralidade e cuantitividade e para a consolidación do tecido cultural galego. Farase promoción da libraría e a súa imaxe pública como punto especializado de venda de libros e como axente cultural activo, adoptando medidas eficaces en colaboración coa Federación de Libreiros de Galicia para evitar o peche de librarías, especialmente as instaladas nas zonas rurais e na periferia das cidades e vilas.
-Impulsar que as bibliotecas escolares se abran ao público fóra do horario lectivo dotándoas de técnicos e auxiliares de biblioteca.
-Envío a todas as bibliotecas das obras publicadas pola Xunta de Galicia e os editores galegos, previamente seleccionados por unha comisión na que participen os editores, libreiros e profesionais das bibliotecas.
-Vistos os problemas que o sistema de empréstito de libros de texto está a xerar nos alumnos, nos centros, nas familias e nas librarías, o Partido Popular cambiará este sistema polas axudas directas a través do chequelibro.

A Fundación Germán Sánchez Ruipérez xa publicou todos os datos das 17ª Xornadas de Bibliotecas Infantís, Xuvenís e Escolares: o Programa, o Boletín de Inscrición e Información-aloxamentos. Celebraranse en Salamanca os días 28, 29 e 30 de maio.


O Grupo de Traballo de Alfabetización Informacional do Ministerio de Cultura acaba de facer público o seu documento: "Hacia la Alfabetización Informacional en las Bibliotecs Públicas españolas"

José Antonio Gómez Hernández e Pedro Quílez Simón (Coordinadores). La biblioteca, espacio de cultura y participación. Murcia, ANABAD-Consejería de Cultura de Murcia, 2008.

Este libro trata sobre o papel das bibliotecas públicas como espazo de promoción da cultura, a participación e a inclusión social e dixital. As bibliotecas organizan miles de actividades culturais cada ano, polo que hai que preguntarse polos seus fins, por como se interrelacionan co resto da inxente oferta cultural, informativa ou de ocio que hai dispoñible, cómo responden ou non ás necesidades sociais, cara onde van as bibliotecas na súa faciana de xestoras culturais, ou como afecta o contexto dixital e as redes de cultura, información, ocio e relacións á planificación cultural das nosas bibliotecas.
Texto da contraportada.

Pinakes: novo número


Xa saíu o novo número de Pinakes, a revista das Bibliotecas Escolares de Estramadura.

Os tres partidos que actualmente teñen representación no Parlamento de Galicia, manifestan o seguinte sobre as Bibliotecas escolares nos seus programas:

BNG

V.1.7.10. Bibliotecas escolares
O goberno do BNG comprométese a pór en marcha unha rede de apoio ás bibliotecas escolares co fin de mellorar a súa xestión, instalacións e materiais co que contan, e implementar políticas efectivas de mello­ra das habilidades lectoras do alumnado. Así mesmo, darase a formación necesaria ao profesorado coa correspondente redución horaria para asumir a responsabilidade deste servizo educativo.
As bibliotecas escolares contarán cun fondo documental adecuado e actualizado, instalacións e equipamen­tos apropiados. Así mesmo, permanentemente, dotaranse economicamente as bibliotecas escolares para a súa actualización.

PPdeG
-Afírmase que a mala xestión impedíu mellorar no Plan de Mellora de Bibliotecas escolares (p.3)
-Impulsaremos a apertura das bibliotecas escolares fora do horario lectivo, especialmente nas localidades e barrios onde non exista biblioteca municipal.
(p.9)

PSdG-PSOE
Impulsaremos a apertura das bibliotecas escolares a toda a cidadanía (p. 91)


Coordinados por Glória Durban, celebrouse entre os días 22 e 23 de xaneiro o "II Seminario: biblioteca, aprendizaje y ciudadanía" en Vilanova i la Geltrú. Foi concibido como a segunda parte (xa non teórica senón desde a práctica) do seminario ALFIN celebrado en Toledo en 2006.

Por suposto Galicia estivo presente na voz de Cristina Novoa.

Nas conclusións e referido ao eido escolar dise o seguinte:

Conclusiones del II Seminario: Biblioteca, aprendizaje y ciudadanía


Articulación de ALFIN en el contexto escolar
La complejidad y sobreabundancia de información, así como los peligros de su uso incompetente, justifica la necesidad de desarrollar esta competencia en todas las etapas educativas.

La biblioteca escolar es imprescindible en el desarrollo de las competencias para el aprendizaje por lo que la ALFIN debe ser parte del proyecto educativo de cada centro escolar.

Es necesario hacer evidente que la competencia informacional facilita, contribuye y ayuda en la consecución de las competencias básicas y el conjunto de los contenidos curriculares.

El profesorado ha de favorecer escenarios y propiciar espacios de trabajo colaborativo que conduzcan al aprendizaje de la competencia informacional.

Los planes de fomento de la lectura y el trabajo basado en proyectos de investigación pueden ser escenarios para la sistematización y la corresponsabilidad en el proceso de aprendizaje de la competencia informacional.

Máis información en Alfinred.
Foto vía Alfinred.

Hoxe queremos facervos unha proposta, Apoiar ao Blog Chicass 10, nominado como Mellor Blog do Ano por RTVE no premio Miradas2.


Para presentarvos este blog que coñecimos o verán pasado nos III Encontros Edublog que se celebraron en Santiago, escollimos esta Carta de Presentación escrita por Lourdes Barroso

"Chicass 10" no es un blog cualquiera, es una ventana abierta en el módulo de mujeres de la cárcel de Teixeiro. Es una experiencia educativa basada en el voluntariado de quienes enseñan y el coraje, la voluntad de superación, y la esperanza de un puñado de mujeres condenadas no solo a la reclusión, sino también a la exclusión social. Este blog se escribe sin Internet, porque en la cárcel no hay acceso a Internet, pero es el motor de arranque de la motivación de quienes publican en él, lo hace con esmero, es su "cuaderno de limpio", la mayor parte de ellas se están alfabetizando, nos muestra su historia y sus aprendizajes. A través del blog han buscado nuestra mirada, nuestro comentario, nuestro apoyo, que va llegando con cuentagotas. El fuerzo realizado, el compromiso, el cambio en lo personal, no se ha visto hasta ahora recompensado por parte de la administración penitenciaria, pero quizás ahora se abra una nueva oportunidad, si entre todos somos capaces de movilizarnos darles nuestro apoyo. Chicass 10 ha sido nominado como mejor blog del año por RTVE.es en los premios Miradas2, tal vez, si somos capaces reunir los votos suficientes, las cosas en Teixeiro puedan cambiar.

"Quizás non consigamos que gañen pero alomenos terán coseguido o noso recoñecemento, necesítano e meréceno".


¡¡Vota Chicass 10!! Nós, xa o fixemos!!

¡¡Difunde esta mensaxe!!.


A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acaba de anunciar na súa páxina web a resolución da convocatoria dos Clubs de Lectura 2008-2009 para centros de ensino secundario.

Imaxe vía Flickrcc.

;;
Agabel - Designer: Douglas Bowman | Dimodifikasi oleh Abdul Munir Original Posting Rounders 3 Column