Benvidos e benvidas ao blogue de Agabel.




Programa electoral do Partido Popular

Celebradas as elecciónsautonómica, cómpre repasar o programa electoral do Partido Popular, relativos ás bibliotecas escolares e á lectura.
En Educación:
-A mala xestión impedíu mellorar no Plan de Mellora de Bibliotecas escolares.
-Impulsaremos a apertura das bibliotecas escolares fora do horario lectivo, especialmente nas localidades e barrios onde non exista biblioteca municipal.

En Cultura:
–Declarar o ano 2010 como Ano da Lectura en Galicia, co obxectivo de que todas a Administracións galegas e o sector do libro, os representantes editoriais e os axentes implicados no fomento da lectura, mobilícense a favor do fomento da lectura. Para esta campaña darán axudas específicas as Consellerías de Educación e de Cultura.
–Crear un Fondo Social con axudas da Xunta e doutras entidades para realizar todos os anos unha convocatoria pública dirixida a subvencionar a adquisición de libros de lectura e dinamizar o sector do libro.–Realizar campañas para potenciar actividades culturais e de fomento de lectura apoiándose nas 600 librarías e nas 45 editoriais galegas. A radio e a televisión galegas, dentro dos seus espazos de publicidade, reducirá as tarifas de promoción do libro galego.
–Establecer nos presupostos anuais da Xunta partidas para compra de libros destinados á actualización das bibliotecas e tamén das bibliotecas escolares. Unha parte destes libros serán libros editados en Galicia e libros en galego.
–Nos programas presupostarios da Xunta figurará un programa presupostario específico no que figuren as partidas destinadas ao sector do libro.
–O PPdeG garantirá que en todas as cidades de máis de 75.000 habitante existirá unha biblioteca estatal; que todas as cidades e vilas de máis de 50.000 habitantes conten con bibliotecas municipais xestionadas ou sostidas pola Xunta de Galicia. Mellorarase e impulsarase o servizo das bibliotecas nodais, con ampliación de horario e medios, especialmente persoais.
–Favorecer o papel das librarías como puntos especializados de venda de libro, así como de axentes culturais activos, indispensables para que a industria do libro manteña a gran pluralidade e cuantitividade e para a consolidación do tecido cultural galego. Farase promoción da libraría e a súa imaxe pública como punto especializado de venda de libros e como axente cultural activo, adoptando medidas eficaces en colaboración coa Federación de Libreiros de Galicia para evitar o peche de librarías, especialmente as instaladas nas zonas rurais e na periferia das cidades e vilas.
-Impulsar que as bibliotecas escolares se abran ao público fóra do horario lectivo dotándoas de técnicos e auxiliares de biblioteca.
-Envío a todas as bibliotecas das obras publicadas pola Xunta de Galicia e os editores galegos, previamente seleccionados por unha comisión na que participen os editores, libreiros e profesionais das bibliotecas.
-Vistos os problemas que o sistema de empréstito de libros de texto está a xerar nos alumnos, nos centros, nas familias e nas librarías, o Partido Popular cambiará este sistema polas axudas directas a través do chequelibro.

3 comentarios:

Non di nada sobre se mantrerá ou non o Plan de Millora das Bibliotecas Escolares.

olga dijo...
24/3/09 04:09  

En principio hai asinado un acordo entre a Consellería de Educación e o Ministerio cunha serie de cartos para as BE que, incluso, permitirían aumentar a partida orzamentaria do PLAMBE nun 10%. Pero non te preocupes, en canto tome posesión o novo equipo de goberno solicitaremos unha entrevista.

24/3/09 07:58  

Tedes un agasallo no noso blog

6/4/09 02:09  

Publicar un comentario

Agabel - Designer: Douglas Bowman | Dimodifikasi oleh Abdul Munir Original Posting Rounders 3 Column